Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NAS XORNADAS GASTRONÓMICAS "HORTA DE NARÓN 2015" E NAS DEGUSTACIÓNS PARA PROMOCIONAR O PEMENTO DO COUTO E O TOMATE NEGRO
ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NAS XORNADAS GASTRONÓMICAS
Dezasete establecementos de hostalería da localidade participaron na iniciativa, que se desenvolveu entre finais de xullo e principios de agosto
Narón, 12 de agosto de 2015.- O Concello de Narón acolleu o sorteo das 17 cestas con produtos da horta (unha por cada establecemento participante); catro vales de compra en Mercaval e dunha estancia nunha casa de turismo rural no Ribeiro entre o público que degustou as tapas preparadas dentro das xornadas gastronómicas “Horta de Narón 2015” celebradas do 30 de xullo ao 2 de agosto e do 6 ao 9 de agosto no municipio. O edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, agradeceu a colaboración dos establecementos e dos veciños e visitantes que degustaron as tapas e puxo de manifesto ao longo do acto o éxito desta terceira edición da iniciativa, enmarcada no Narón Gastronómico e cuxo obxectivo é promocionar en Galicia o pemento do Couto e o tomate negro, ademais de dinamizar a hostalería local. A convocatoria contou coa colaboración da Cooperativa do Campo do Val (Narón) e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro. Unha vez realizaradas as comunicacións pertinentes aos galardoados procederase á entrega dos premios no transcurso dun acto que se celebrará a principios do vindeiro mes de setembro no Concello de Narón.
As persoas que se achegaron aos establecementos inscritos nas xornadas puideron participar –cubrindo unhas papeletas que se recolleron en urnas nos locais de hostalería- no sorteo das cestas con produtos da horta e viño da D.O. Ribeiro e dunha escapada enogastronómica para dúas persoas que comprende: noite e almorzo no Hotel Rural de Bodega Viña Meín (Leiro), cea ou comida no gastro-bar O Birrán (Ribadavia) e visita á bodega e entrada ao túnel de viños (máis de 15 de referencias D.O. Ribeiro) na igrexa da Madalena.

Presentación en Lugo (Restaurante Paprica)
Para proxectar e dar a coñecer os produtos da terra fóra da comarca, fíxose o 23 de xullo unha presentación e degustación posterior con presencia dos medios de comunicación xeralistas e especializados do pemento do Couto e o tomate negro nun dos restaurantes máis emblemáticos de Lugo, “Paprica”. Membro da prestixiosa asociación culinaria galega Grupo Nove, o chef Álvaro Villasante é un dos cociñeiros mellor posicionados no sector a nivel global. Con motivo da iniciativa “Horta de Narón 2015”, o cociñeiro elaborou creacións exclusivas a base destas dúas hortalizas do campo naronés.

O pemento do Couto e o tomate negro
O pemento do Couto e o tomate negro son dous produtos locais de gran calidade que actualmente cultiva e comercializa a Cooperativa do Val, na súa aposta pola recuperación e posta en valor de variedades autóctonas. A cooperativa naronesa produce desde hai anos o pemento do Couto, unha hortaliza xa consolidada no mercado, que conta con Indicación Xeográfica Protexida e que se caracteriza polo seu excelente sabor e propiedades, entre elas, a súa dozura e que non pica.
Continuando polo camiño da recuperación e revalorización das hortalizas locais, desde o ano 2012 a Cooperativa do Val produce o tomate negro, cun alto grao de azucre e acidez e excelente sabor, que se está introducindo pouco a pouco con moito éxito.
Con estas dúas hortalizas a Cooperativa do Val quere achegar ao consumidor produtos galegos de calidade.

Listaxe de establecementos participantes
Cervecería Australian, Indalo, New Orleans, Urban, Gastrobar Piñeiros, El Refugio, Fortunato, Romero I, Romero II, Xatova, La Barra de Oro, O Pozo, Tokiño, A Cachimba, Sidrería O Bosque, O Pío e O Druida.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal