Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO ADXUDICARÁ ESTE MES AS OBRAS DE MELLORA DO FIRME EN VIAIS DE RÍO DO POZO
O CONCELLO ADXUDICARÁ ESTE MES AS OBRAS DE MELLORA DO FIRME EN VIAIS DE RÍO DO POZO
Os traballos acometeranse en rúas dos sectores I e III do mencionado polígono industrial naronés
Narón, 13 de agosto de 2015.- O Concello de Narón licitará antes de finais deste mes as obras correspondentes ao proxecto de Reforzo da capa de rodadura nos sectores I e III do polígono industrial de Río do Pozo. Trátase dunha actuación que permitirá mellorar o firme de varios tramos do vial principal de acceso ao citado parque empresarial, a avenida Bernardo Romero, e tamén das rúas interiores das fases I e III, especialmente nas interseccións e na saída da AG-64 (Ferrol-Vilalba), tal e como figura no proxecto. Os traballos, que deberán estar rematados a finais de outubro, supoñen un investimento de 116.883.40 euros, dos que a Xunta de Galicia cofinanciará 93.506,72 euros con cargo a unha partida da Consellería de Economía e Industria para subvencionar a habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais de Galicia.
A elevada densidade de tráfico pesado que rexistran a diario os viais do mencionado polígono industrial deteriorou o seu firme, motivo polo que nos vindeiros meses se procederá a executar estas obras de mellora. A actuación contémplase ao longo de 1.590 metros lineais repartidos en varios tramos, que nalgunhas ocasións ocupan os dous carrís de circulación e noutros só un deles.
O proxecto a executar en Río do Pozo inclúe tarefas de limpeza e a aplicación dun rego de imprimación de emulsión asfáltica e unha nova capa de rodadura. A obra completarase co pintado da sinalización horizontal que resulte necesaria nas rúas deste polígono empresarial naronés.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal