Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMAS PRAZAS PARA INSCRIBIRSE NOS CURSOS DO PROGRAMA FORMATIVO MUNICIPAL HABILITA II 2015
As inscricións poderán formalizarse ata finais de agosto
Narón, 15 de agosto de 2015.- O Concello de Narón informa da dispoñibilidade de prazas para matricularse nos cursos de Autoemprego, Mellora de empregabilidade on line e Mecanografía on line, incluídos dentro do programa formativo municipal Habilita II 2015. A iniciativa diríxese a persoas desempregadas do municipio, maiores de 18 anos e o prazo para anotarse remata o vindeiro 31 de agosto. As persoas interesadas deberán cumplimentar unha instancia que se pode recoller no Rexistro municipal ou descargar da páxina web do Concello –www.naron.es- para entregar no propio Rexistro do Concello de luns a sábado, en horario de 8.30 a 13.00 horas. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Estas acccións formativas, gratuítas, desenvolveranse entre os meses de setembro e decembro, dependendo do curso a realizar. Os cursos están encamiñados a ofrecer ás persoas desempregadas as dúas posibles vías para acceder ao mercado laboral: por conta allea ou a través do autoemprego. As accións formativas de Autoemprego terán lugar no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, entre o 20 de outubro e o 17 de novembro, cunha duración de 100 horas e un máximo de dez alumnos. Están pensadas para aquelas persoas que precisen axuda para analizar unha idea empresarial, preconcebida ou a deseñar no propio curso, comprobando a súa viabilidade de cara a materializala como unha saída laboral. Os cursos de Mellora de empregabilidade on line e Mecanografía on line impartiranse en horario de mañá e tarde, tamén cun máximo de dez alumnos en cada quenda. O primeiro consta de 75 horas lectivas, do 30 de outubro ao 27 de novembro e orientará ao alumnado sobre o mellor xeito de utilizar internet para dar a coñecer o seu currículum, tendo moi en conta que cada vez son máis as empresas que buscan aos seus candidatos a través deste medio. As sesións de Mecanografía on line constan tamén de 25 horas que se impartirán entre o 30 de novembro e o 9 de decembro deste ano. Neste caso, as sesións permitirán ao alumnado ser máis eficiente no uso da informática, incidindo especialmente na velocidade das pulsacións á hora de escribir nun ordenador. As clases deste curso, como as de Mellora de empregabilidade on line, terán lugar na Aula Cemit de Xuvia. As persoas que desexen recibir máis información poden chamar ao número de teléfono 981 33 77 00 (extensións 1123/2602/1120 ou 1107).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal