Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO DE NARÓN INTENSIFICA OS CONTROIS SOBRE OS VERTEDOIROS ILEGAIS NAS ZONAS URBANA E RURAL
O CONCELLO DE NARÓN INTENSIFICA OS CONTROIS SOBRE OS VERTEDOIROS ILEGAIS NAS ZONAS URBANA E RURAL
A Policía Local rexistrou desde o pasado mes de xaneiro un total de 32 basureiros ilegais
Narón, 19 de agosto de 2015.- O Concello de Narón intensificará os controis sobre os vertedoiros ilegais tanto na zona urbana como nas parroquias do rural. O Servizo de Inspección Ambiental Municipal e a Policía Local levarán a cabo unha campaña especial para vixiar o cumprimento da Ordenanza municipal de residuos e limpeza viaria, aprobada no ano 1996 e cuxo texto en vigor data do ano 2012, cando tivo lugar a adaptación ás últimas normativas. O documento contempla multas de ata 3.000 euros para os responsables deste tipo de accións que atentan contra o medio ambiente e a salubridade. A Policía Local de Narón –cunha patrulla específica da área de Medio Ambiente- rexistrou desde o pasado mes de xaneiro un total de 32 expedientes por vertedoiros ilegais, tanto en propiedades privadas como na vía urbana. A maior parte das incidencias localízanse na zona rural, xeralmente nos núcleos de Sedes e O Feal, aínda que tamén se denunciaron este tipo de prácticas na zona urbana.
O obxectivo desta iniciativa é acabar cos basureiros sen control que se localizan no termo municipal, así como evitar a súa proliferación. Desde o Concello solicítase a colaboración cidadá para garantir o cumprimento da ordenanza en vigor, acatando a normativa e denunciando ante a Policía Local a existencia de vertedoiros ilegais para proceder a adoptar as medidas oportunas desde a administración local.
Os propietarios dos terreos teñen a obriga de mantelos en condicións óptimas de limpeza, libres de maleza, desfeitos e residuos, debendo facerse cargo das pertinentes tarefas de mantemento, tal e como se especifica na citada ordenanza municipal. Nos soares edificables o Concello ten a potestade de obrigar aos titulares dos mesmos a pechalos perimetralmente no caso de detectar que a ausencia do peche fomenta o seu uso como espazo de amoreamento de residuos ou ocasiona menoscabo do ornato público.
As multas que poden recibir os infractores son de ata 750 euros, no caso de calificarse como leves; de entre 751 e 1.500 no caso das graves e ata 3.000 euros cando se consideran moi graves.

Punto limpo municipal
O Concello de Narón recorda que está a disposición da veciñanza o Punto limpo localizado no polígono industrial de Río do Pozo (frente a Sogama), onde se pode depositar escombro, electrodomésticos, chatarra, mobiliario, madeira, plásticos e moitos outros residuos de xeito controlado e evitando a existencia deste tipo de vertedoiros ilegais nos que en numerosas ocasións se depositan este tipo de restos. As instalacións abren as súas portas de luns a venres, en horario de 09.00 a 13.00 e de 16.00 a 19.00 e os sábados entre as 09.00 e as 14.00 horas. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono das instalacións, o 981 391 074.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal