Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INVESTIRÁ 238.000 EUROS EN TAREFAS DE MELLORA DE VARIAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
Os traballos executaranse tanto no interior como no exterior das instalacións incluídas nos diferentes proxectos
Narón, 21 de agosto de 2015.- O Concello de Narón contratará obras por un importe total de 238.221,3 euros para acometer melloras en varias instalacións deportivas. Da citada partida están adxudicados na actualidade traballos por un importe de 54.144,43 euros, cantidade que se destinará a dúas intervencións: o cambio da cuberta dos vestiarios no pavillón polideportivo das Lagoas, adxudicado á empresa Embade Obras e Servizos SL por 36.058 euros, e a reparación da instalación eléctrica en varios pavillóns polideportivos, que executará a compañía Moinca SC con cargo a unha partida de 18.086,43 euros. O inicio do expediente de contratación para o resto das intervencións proxectadas polo goberno local naronés -orzamentadas en 184.076,87 euros- levarase a cabo a partir do 27 de agosto. A aprobación dunha modificación de crédito por importe de 3.664.592,01 euros no pleno do pasado mes de xullo -con cargo ao superávit do exercicio económico do ano 2014- permitirá executar obras en instalacións deportivas da localidade, entre outras actuacións. A finais de mes iniciaranse os trámites pertinentes para proceder á contratación dos traballos correspondentes á ampliación e mellora de vestiarios no pavillón da Mocidade, na Gándara, orzamentados en 108.998,32 euros; á colocación de pavimento deportivo no pavillón de Piñeiros, valorado en 39.920,32 euros; a reposición dos canalóns do pavillón da Gándara, por importe de 26.136 euros e a reposición do pavimento antideslizante da praia da piscina da Gándara, valorado en 9.022,23 euros. A maiores destas intervencións que comezarán a executarse nos vindeiros meses, o goberno local de Narón contratou recentemente á empresa Manser SL para o mantemento básico, a limpeza e as tarefas de apertura e peche dos pavillóns de Piñeiros e Castro e da Casa da Mocidade, na Gándara. A adxudicación das tarefas de limpeza realizouse por un prezo de 17,68 euros por hora, unha cantidade inferior á de licitación dos traballos, que foi de 18,41 euros por hora.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal