Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DE 700 PARTICIPANTES DISPUTARÁN O MEMORIAL ADOLFO ROS DE ATLETISMO
O domingo 2 de decembro celébrase a vixesimo segunda edición do Memorial Adolfo Ros de Atletismo, que transcurrirá polos municipios de Narón, Ferrol, Neda e Fene.
Venres, 30 de Novembro de 2007.- OConcello de Narón xa ten inscritos a 721 participantes na 22ª edición do Memorial Adolfo Ros-Volta á Ría, que se celebrará o próximo domingo 2 de Decembro, con saída e chegada no Pavillón de Deportes de A Gándara. Os participantes percorrerán os 21 kilómetros desta proba, que discurre polos concellos de Narón, Neda, Fene e Ferrol, cuios representantes municipais participaron onte nunha rolda de prensa celebrada na Casa Consistorial. O Edil de Deportes de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, salientou a alta participación que terá esta carreira, e o “prestixo que está a adquirir nos últimos anos”, dixo. Pola súa banda, o Concelleiro de Deportes de Ferrol, Manuel Santiago, engadíu que esta proba “é sumamente importante, non só pola competición en sí senon pola persoa que representa este memorial”, asentíu. A Concelleira de Deportes de Fene, Carmen Silvar, destacou o apoio “incondicional prestado polo noso concello a este trofeo dende os seus inicios”, dixo ó tempo que agarda “un éxito de participación e de público”. Representando ó Concello de Neda estivo o edil de Sanidade e Medioambiente, José Gradaille, quen fora tamén compañeiro de traballo do falecido Adolfo Ros. “Estamos moi agradecidos por participar neste memorial, tan importante para este concello, que o vindeiro ano collerá a antorcha”, dixo. Guillermo Sánchez Fojo apuntou tamén que o orzamento total desta proba ascende a 24.000 euros, dos cales 9.000 euros se destinarán a premios. Para máis información, pódese visitar a web do Padroado de Deportes de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal