Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DESTINARÁ 382.000 EUROS DO POS AO ACONDICIONAMENTO DE CAMIÑOS NA ZONA RURAL
A administración local xa adxudicou as obras a executar en viais das parroquias de Doso, Pedroso, Sedes, Castro, O Val, San Mateo, San Xiao e O Couto
Narón, 22 de agosto de 2015.- O goberno local de Narón adxudicou obras de mellora en varios camiños da zona rural por un importe total de 382.838 euros. O investimento executarase con cargo a unha partida procedente do Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación da Coruña e permitirá mellorar o firme de viais localizados en Doso, Pedroso, Sedes, Castro, O Val, San Mateo, San Xiao e O Couto. Os proxectos seleccionáronse atendendo ás necesidades de cada parroquia, que se corresponden coas propostas realizadas pola veciñanza de cada unha delas. Con cargo a esta partida procederase a reforzar o pavimento dos viais contemplados nos diferentes proxectos, nalgúns casos reparando a capa asfáltica e noutros con aglomerado en quente. A intervención global na zona rural permitirá mellorar un total de 10.690 metros lineais de camiños. A totalidade das obras agrúpanse en cinco proxectos: Pavimentación dos camiños de Santa e Agrande, adxudicado por 76.250,42 euros á empresa Francisco Gómez y CIA SL; Pavimentación dos camiños de Eiravedra, Aldea Nova, Salgueiral e Lodairo, que executará a firma Excavaciones y Transportes Saavedra y López SL por 89.133,73 euros; Pavimentación dos camiños de Bardás, Lobeiro, Xesteira e Outeiro, tamén con Excavaciones y Transportes Saavedra y López SL e cun investimento de 85.644,58 euros; Reparación de Accesos a Vacariza, Cerdeiras, Catasol e Área Recreativa e Reparación dos camiños de Pumariño, Vilar-Sequeiro, Vicás e Paxarón, adxudicadas estas dúas últimas a José Mantiñán e hijos SA por 65.805,84 e 66.003,50 euros respectivamente. En canto aos traballos a executar por parroquias, os proxectos anteriormente citados correspóndense coas obras de mellora nos camiños de Vidueiros-Vieiras, en Doso, por 29.800 euros; os de Vacariza-Novás, Bazón-Cerdeiras, Catasol e Veiravía a Camping, en Pedroso, por un importe de 65.800 euros; os de Igrexa-Eiravedra, Aldea Nova-Lagüela e AC-112 a Salgueiral, en Sedes, por 62.500 euros; o de Agrande-Baluqueira, en Castro, orzamentado en 46.400 euros e os de Grandal-Bardás, Outeiro, Lobeiro e Espiñeiro-Xesteira, no Val, por 85.700 euros. Na parroquia de San Mateo repararanse os camiños de Paxarón e Rapaxote, cun gasto de 13.500 euros; na de San Xiao os de Pumariño, Revolta-Vicás e Vilar-Sequeiro, por 52.500 euros e, por último, no Couto os de Veiga-Edreiro e Lodairo, aos que se destinarán 26.700 euros.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal