Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
TRES EMPRESAS OPTAN AO CONTRATO DE LIMPEZA DE EXTERIORES DE EDIFICIOS E ESCOLAS DO MUNICIPIO
O contrato terá unha vixencia de dous anos, prorrogables por un máis, e licitouse en 1,8 millóns de euros
Narón, 28 de agosto de 2015.- Un total de tres empresas presentaron no Concello as ofertas para optar ao contrato do Servizo de limpeza de interiores de edificios e escolas municipais. Os técnicos da administración local analizarán nos vindeiros días as propostas presentadas polas firmas Samil, Ferrovial e Star Servicios de cara á adxudicación do citado contrato, que se licitou en 1.804.404,01 euros e que terá unha vixencia de dous anos, con posibilidade de prorrogalo doce meses máis en caso de que ambas partes así o acorden. No prego do contrato figura que a prestación do servizo levarase a cabo nunha trintena de edificios e escolas do termo municipal. A empresa que finalmente resulte adxudicataria deberá encargarse da limpeza das naves de Servizos e Irmás Froilaz, a Casa da Cultura, das dependencias ocupadas polo xulgado de Paz e os accesos á antiga Casa do Concello, os locais da Escola de Teatro, a Casa da Mocidade, o edificio de Protección Civil, a ludoteca, a biblioteca, a Caseta de Turismo, o telecentro, os aseos da Feira do Trece, os aseos do paseo marítimo de Xuvia, o Auditorio e o Pazo da Cultura. En canto ás escolas, no contrato figuran as de A Solaina (incluíndo o pavillón e o comedor), A Gándara (incluído o comedor), o pavillón polideportivo e o comedor da do Feal, os Grupos Escolares de Piñeiros, O Val e Xuvia (incluído o pavillón neste último caso), a nova escola da Faísca e as escolas de Sedes, Freixeiro, Pedroso, San Xiao e Castro. No caso da escola Virxe do Mar, no documento especifícase que se lle subministrará material de limpeza con cargo a este contrato. Por último, na relación de instalacións figura a Casa do Concello. Os horarios e a periodicidade dos traballos a realizar aparecen recollidos no prego do contrato en función do tipo de instalacións a atender e tamén dependen das tarefas a realizar. Os integrantes da Mesa de Contratación, presidida polo alcalde, José Manuel Blanco, e da que tamén forman parte varios funcionarios municipais e o concelleiro delegado, abrirán primeiro a documentación administrativa e, a continuación, os sobres nos que figuran as referencias técnicas, que se remiten ao técnico pertinente para que emita un informe coa súa valoración. A documentación volve á Mesa de Contratación para proceder á apertura das ofertas económicas e, posteriormente, formular unha proposta de adxudicación do contrato antes de adxudicalo definitivamente.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal