Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO ACOLLEU A ENTREGA DE PREMIOS DO PROGRAMA
O CONCELLO ACOLLEU A ENTREGA DE PREMIOS DO PROGRAMA
A iniciativa incluíu unas xornadas gastronómicas na localidade para promocionar o pemento do Couto e o tomate negro
Narón, 4 de setembro de 2015. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, acompañado por Pablo Villamar, concelleiro de Promoción Económica; José Leira, xerente da Cooperativa do Val, e Miguel Tesa, coordinador de Mercaval, fixeron entrega no Concello dunha parte dos premios do programa “Horta de Narón 2015”. A estancia para dúas persoas nun hotel rural no Ribeiro, recaeu en Manuel Ángel Franco. Esta escapada enogastronómica para dúas persoas inclúe unha noite e almorzo no Pazo Carballo, cea no gastrobar O Birrán (Ribadavia) e visita a unha bodega con entrada ao túnel de viños, que ten máis de quince de referencias D.O. Ribeiro. A cea farase no Náutico de Castrelo de Miño e inclúe a asistencia ao festival Ribeiro Blues Wine Festival.
Así mesmo, entregáronse os vales de Mercaval, que foron para Marina Hermida, galardoada con 200 euros e para Carlos Díaz, José M. Leira –recolleuno Isabel Seoane- e Ramón César Bouza –entregado a María Bouza-, premiados os tres últimos cun vale de 100 euros cada un. Entre os premios tamén hai seis packs con varios produtos da D.O Ribeiro (guía de viños, libro do Ribeiro, viño tinto e branco e material de merchandising), colaborador por segundo ano consecutivo destas xornadas. A cooperativa do Val tamén distribuirá a vindeira semana as catorce cestas con produtos da horta e viño da D.O. Ribeiro ás persoas que resultaron gañadoras no sorteo realizado o pasado mes de agosto entre todos aqueles que depositaron os pertinentes boletos nos establecementos hostaleiros que participaron nestas xornadas, un total de dezaséis locais.
O edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, destacou o éxito destas xornadas para promocionar o pemento do Couto e o tomate negro cultivados e comercializados pola Cooperativa do Val, nunha firme aposta pola recuperación e posta en valor das variedades autóctonas.
O edil de Promoción Económica e o alcalde, José Manuel Blanco, agradeceron a colaboración dos establecementos que participaron nesta iniciativa e felicitaron a todos os premiados. Pola súa parte, o rexedor local destacou ademais a importancia de todas as accións desenvolvidas para proxectar e dar a coñecer os produtos da terra tanto dentro como fóra da comarca. Así, puxo de manifesto o éxito das xornadas gastronómicas celebradas no municipio entre finais de xullo e principios do pasado mes de agosto e a presentación e degustación posterior do pemento do Couto e o tomate negro nun dos restaurantes máis emblemáticos de Lugo, “Paprica”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal