Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CORPORACIÓN MUNICIPAL ADXUDICA A XESTIÓN DO PARQUE TEMÁTICO ALDEA NOVA
O Concello de Narón celebrou onte o Pleno Ordinario do mes de Novembro, no que se acordou por unanimidade adxudicar a contratación da xestión e explotación de “Aldea Nova” á empresa naronesa Sedega.
Narón, 30 de Novembro de 2007.- A Corporación Municipal otorgará a concesión administrativa do Parque Temático Integral de Desenvolvemento Rural "Aldea Nova" (ubicado en Sedes) por un prazo inicial de cinco anos e cun canon anual de 3.000 euros. Aldea Nova será xestionado por Sedega, ó amparo dun contrato administrativo que tamén inclúe a organización e prestación dos servizos. Entre eles, a realización de visitas diurnas, colonias de verán para nenos e grupos escolares, e campos de traballo etnográfico-natural. Tamén se ofrecerán rutas guiadas a pé, bicicleta ou a cabalo, novas prácticas en materia de sustentabilidade e enerxías renovables, e actividades típicas dunha aldea galega como o amasado e a cocedura do pan, e a elaboración de conservas vexetais naturais e mel. Outro dos puntos aprobados na sesión plenaria de onte foi o proxecto de expropiación para urbanización da rúa perimetral do polígono de A Gándara, e a súa conexión coa rede viaria. O Concello acordou asignar un orzamento de 1.034.606 euros ó pago das expropiacións de bens e dereitos afectados polo trazado do novo vial, declarado de utilidade pública. O Concello tamén deu o visto bó á modificación do proxecto de construcción dun Centro Integrado de Atención a Persoas Maiores, que sera remitido á Deputación da Coruña para a súa aprobación definitiva. Este proxecto está incluido no Plan de Cooperación Provincial 2007 do organismo provincial. Ademáis, aprobouse conceder os nomes de Felipe Colmenero e Clara Campoamor a dúas rúas de nova apertura, situadas na Gándara. Tamén se nomearán tres camiños situados no Feal cos nomes de rúa Cañotas, rúa Campo da Lebre, e Rúa da Cuxía.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal