Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
UNHAS 400 PERSOAS PARTICIPARÁN NAS ACTIVIDADES DE ENVELLECEMENTO ACTIVO DO PROGRAMA DE ATENCIÓN ÁS PERSOAS MAIORES
UNHAS 400 PERSOAS PARTICIPARÁN NAS ACTIVIDADES DE ENVELLECEMENTO ACTIVO DO PROGRAMA DE ATENCIÓN ÁS PERSOAS MAIORES
Os centros comunitarios, de maiores e locais sociais da zona urbana e rural acollen diferentes actividades impulsadas polo Concello de Narón ao longo do ano
Narón, 5 de setembro de 2015.- Un total de 393 persoas maiores inscribíronse nas diferentes actividades de Envellecemento Activo para o curso 2015-2016, incluídas no Programa de Atención ás Persoas Maiores do Concello de Narón. Este programa, tal e como recordou a edil de Promoción Social, Teresa Sabio, aposta por mellorar as condicións de vida do colectivo a través das diferentes actividades que se ofertan. Ao igual que en anos anteriores, convócanse clases de Ioga, Ximnasia rehabilitadora, Memoria e Coral, que se impartirán aos grupos formados no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, e nos locais sociais do Alto do Castaño, Doso, Freixeiro, O Val, Pedroso, Piñeiros, San Mateo, Santa Icía, Sedes, Virxe do Mar, Xuvia, Castro, San Xiao, as Vivendas da Marina e Ferrerías. En función do local, as clases impartiranse dous días á semana en horario de mañá ou de tarde. Para asistir a estas convocatorias é preciso inscribirse e pagar unha cuota moi económica, ao tratarse de actividades subvencionadas polo Concello. Ademais, ao longo do curso programáronse varios obradoiros que se irán celebrando nos vindeiros meses de xeito puntual, todos eles gratuítos e para os que non é necesaria inscrición previa. O primeiro que se impartirá neste curso ás persoas maiores da localidade é o de Educación afectivo-sexual, cuxas sesións comezaron o pasado 2 de setembro no local da Terceira Idade de Pedroso, instalacións que acollerán a segunda clase o vindeiro mércores, día 9, en horario de 17.30 a 19.30. Esta mesma cita será no Centro Cívico Social de Piñeiros os días 14 e 18 de setembro, de 16.00 a 18.00 horas; nas xornadas do 17 e 24 deste mes no local de maiores da Solaina, de 16.30 a 18.30; na Fundación Terra de Trasancos do Val os días 29 de setembro e 1 de outubro de 16.00 a 18.00 e, por último, no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros o 16 e o 23 de outubro, de 10.30 a 12.30 horas.
A finalidade deste obradoiro é erradicar os estereotipos de xénero e fomentar as relacións interpersoais dun xeito máis saudable e pracenteiro, ao tempo que rachar con certos tabús e desmotivar condutas que obxectualicen ás persoas, entre outros obxectivos. Cada unha das sesións terá unha duración de dúas horas, un tempo no que os asistentes abordarán temas como o “Respecto á sexualidade”, “O corpo da dignidade”, “Experiencia de consciencia corporal” e “Vivir en contacto coas emocións”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal