Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO COLABORARÁ NA COORDINACIÓN DE RECURSOS PARA AXUDAR ÁS VÍTIMAS DA GUERRA EN SIRIA
A administración local porá a disposición dos refuxiados sesenta e sete prazas de aloxamento na localidade
Narón, 7 de setembro de 2015. O Concello de Narón confirmou á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) a súa dispoñibilidade para colaborar coa administración autonómica na organización e coordinación de recursos trala situación humanitaria de emerxencia derivada da guerra de Siria. O Goberno central, a Xunta de Galicia e a Fegamp impulsan un plan conxunto para ofrecer cobixo ás vítimas do mencionado conflito a través dun plan conxunto para o que solicitan a adhesión dos concellos galegos interesados en colaborar. O Concello de Narón porá a disposición deste colectivo 67 prazas, das que 25 se localizan en dous bungalows do camping Río Xuvia, en Pedroso, e as 42 restantes no albergue de Aldea Nova, en Sedes (dúas habitacións de tipo individual para persoas discapacitadas). A Fegamp informará do acordo á Consellería de Traballo e Benestar, para abordar a situación na Conferencia Sectorial de Inmigración que se celebrará en Madrid.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal