Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO PARA ANOTARSE NAS CLASES DE MÚSICA E NAS AULAS DE ENSAIO DA ESCOLA DE MÚSICA MODERNA DE NARÓN
As inscricións deben formalizarse na Oficina Municipal de Informaición Xuvenil, no primeiro andar do Concello
Narón, 7 de setembro de 2015. O Concello de Narón abriu o prazo para participar nas clases de música e nas Aulas de Ensaio da Escola de Música Moderna. Os destinatarios son mozos e mozas de entre doce e trinta anos que, no caso das clases de música, deben estar empadroados na localidade e no das Aulas de Ensaio deberán ter como mínimo un integrante de Narón no seu grupo. As persoas interesadas poden inscribirse na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Narón –no primeiro andar do Concello-, ata esgotar as prazas, tal e como apuntou a concelleira de Mocidade, Natalia Hermida. O custe é de 8,15 euros por cada usuario ou membro de grupo ao mes. As clases de música divídense en tres grupos: Guitarra, Percusión e Son. As sesións de aprendizaxe musical de Guitarra terán tres horarios posibles, en función dos coñecementos previos dos alumnos. Haberá un grupo de iniciación, mércores e venres de 17.00 a 18.00 horas, e outro de perfeccionamento, mércores e xoves de 18.00 a 19.00 horas. As clases de Batería serán os luns e xoves de 20.00 a 21.00 horas e as de Baixo os luns e mércores de 19.00 a 20.00 horas. As Aulas de Ensaio da Casa da Mocidade, na Gándara, poderán solicitarse de luns a sábados entre as 16.00 e as 21.30 horas, en función do día da semana. A edil de Mocidade incidiu en que un dos obxectivos deste tipo de iniciativas é “promover a música realizada por grupos novos e darles unha oportunidade tanto a nivel formativo como para dar a coñecer o seu traballo”.
Descarga de archivos
Inscrición Escolas de Música Moderna
Tamaño:186,43 KB
Inscrición Aulas de Ensaio
Tamaño:191,32 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal