Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO OFRECE COLABORACIÓN Á CARAVANA FEMINISTA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
O CONCELLO OFRECE COLABORACIÓN Á CARAVANA FEMINISTA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
O colectivo iniciou o pasado mes de marzo una Acción Internacional que percorre varios países e que chegará o 6 de outubro a Narón
Narón, 8 de setembro de 2015. A Caravana Feminista da cuarta edición da Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres, co lema “Seguiremos en marcha ata que todas sexamos libres!”, chegará o vindeiro 6 de outubro a Narón, tras un percorrido por diferentes países iniciado o pasado 8 de marzo, coincidindo coa celebración do Día Internacional das Mulleres. A Concellería de Igualdade, presidida pola edil Teresa Sabio, porá a disposición da Marcha Mundial das Mulleres as instalacións do Café Teatro do Pazo da Cultura durante esa xornada para que poidan desenvolver unha “Palestra sobre Ecofeminismo e realidade medioambiental da comarca” organizada no marco da cuarta edición desta Acción Internacional do colectivo. A Caravana Feminista partiu do Kurdistán (Turquía) e rematará as accións programadas por varios países o 17 de outubro –Día Internacional pola eliminación da pobreza- en Lisboa (Portugal), despois de que as integrantes da mesma percorran milleiros de quilómetros –en coches ou en bicicleta e incluso a pé nalgúns tramos, como farán varias participantes- desde Turquía, pasando por Grecia, Os Balcáns, Italia, Suíza e Francia, entre outros países.
O 5 de outubro o colectivo chegará a Galicia e o 6 estará en Narón, onde o Concello, tal e como avanzou Teresa Sabio, ademais de ofrecer o Café Teatro do Pazo para o acto programado na localidade, porá a disposición das participantes un total de corenta prazas de aloxamento no albergue de Aldea Nova, en Sedes. Así mesmo, para os seus desprazamentos facilitará un autobús que as levará o día 6 pola noite a Aldea Nova, onde se lles dará a cea e a donde as irá a buscar de novo un autobús o día 7, tralo almorzo, para levar ao colectivo ata Betanzos, a seguinte parada da Marcha Mundial das Mulleres despois de Narón.
A “Palestra sobre Ecofeminismo e realidade medioambiental da comarca” -que se levará a cabo en Narón o 6 de outubro- contará coa participación de mulleres vencelladas “á resistencia contra as agresións ao noso medioambiente, conectándoas cos presupostos ecofeministas”, tal e como indicaron desde o colectivo. A Marcha Mundial das Mulleres aposta con este e outros actos programados na convocatoria por “reivindicar e construír sociedades máis xustas, onde as mulleres poidan vivir en igualdade”, tal e como apuntan.
A concelleira de Igualdade recordou que a iniciativa da Caravana Feminista ten entre os seus obxectivos a unión de grupos de mulleres de diferentes países para facer visibles as súas loitas políticas, económicas, culturais e sociais. A edil fai un chamamento á participación nesta convocatoria dos diferentes colectivos e grupos de mulleres, para que se adhiran á mesma e amosen o seu apoio ás súas reivindicacións.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal