Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
COSMA INICIA UN PROXECTO PILOTO PARA IMPLANTAR UN SISTEMA DE TELELECTURA DE CONTADORES DE ABASTECEMENTO EN EMPRESAS DE RÍO DO POZO
COSMA INICIA UN PROXECTO PILOTO PARA IMPLANTAR UN SISTEMA DE TELELECTURA DE CONTADORES DE ABASTECEMENTO EN EMPRESAS DE RÍO DO POZO
A instalación lévase a cabo nunhas 180 empresas e realízase de xeito gratuíto
Narón, 11 de setembro de 2015.- A empresa mixta de augas de Narón, Cosma, está levando a cabo un proxecto piloto de instalación dun sistema de lectura remota dos contadores do servizo de abastecemento instalados nas empresas asentadas no polígono industrial de Río do Pozo. A previsión de Cosma pasa por implantar os equipos no que queda de ano, para proceder a realizar unha primeira avaliación dos resultados ao longo do primeiro trimestre de 2016. O concelleiro de Servizos de Narón, Ibán Santalla, explicou que a iniciativa “permitirá reducir o tempo de lectura dos contadores localizados nas empresas de Río do Pozo, unha tarefa que implica na actualidade dous días de traballo ao trimestre dun lector”. Unhas 180 empresas de Río do Pozo disporán deste novo sistema, que supón a renovación dos contadores máis antigos ou os de marcas non homologadas por Cosma, estimándose a necesidade de substituír un total de 149 aparatos. A empresa apunta que será preciso adquirir 186 módulos radio para esa comunicación entre os contadores e o TPL (equipos portátiles para o rexistro das lecturas) que permitirá realizar as telelecturas nas citadas empresas –o número de compañías afectadas é inferior ao dos módulos radio porque algunhas delas dispoñen de máis dun contador-. O investimento a realizar por parte da empresa Cosma é duns 25.000 euros.
Os abonados do polígono reciben previamente unha carta da empresa Cosma na que se lles indica que a implantación do novo contador é totalmente gratuíta. O proxecto que se está executando consiste na adaptación dos TPL para permitir o establecemento dunha comunicación vía radio. Con este novo sistema, apuntou o edil naronés, “as medicións axilizaranse e poderán facerse en menos dunha hora, grazas á comunicación vía radio entre os contadores e o terminal de lectura media”.
A través dos datos obtidos vía radio, a empresa disporá ademais dun perfil de consumo de cada un dos clientes, a partir dos rexistrados nas últimas vinte e catro horas. Desde xeito, tal e como indicou o edil de Servizos, poderanse cruzar estes datos cos da sectorización, facendo posible determinar dun xeito máis exacto o rendemento da rede de abastecemento en cada unha das catro fases do polígono e detectar consumos non rexistrados.
O concelleiro de Servizos de Narón, Ibán Santalla, avanzou que no caso de que se constate a eficacia deste tipo de medicións, tal e como se prevé, o modelo estenderase a outras zonas do municipio.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal