Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A EXECUCIÓN DAS OBRAS DE SANEAMENTO OBRIGA A CORTAR UN TRAMO DA FE-11 NA ZONA DA GÁNDARA
A EXECUCIÓN DAS OBRAS DE SANEAMENTO OBRIGA A CORTAR UN TRAMO DA FE-11 NA ZONA DA GÁNDARA
A restrición estará en vigor ata finais deste ano e súmase ás xa efectivas nas rúas Illas Sisargas e Luís Seoane
Narón, 14 de setembro de 2015. A execución das obras de saneamento no termo municipal de Narón obrigou a cortar un novo tramo dun vial para poder avanzar no proxecto. Nesta ocasión realizaranse cambios na circulación rodada no tramo do vial da FE-11 localizado dende a altura da Ponte das Cabras ata a rotonda de Alcampo, en dirección Xuvia-Ferrol, que permanecerá cortado ao tráfico, habilitándose un desvío provisional desde a FE-11 ata a Ponte das Cabras para que os vehículos poidan dirixirse á estrada de Castela. No sentido contrario de circulación, Ferrol-Xuvia, inhabilitarase tamén un dos carrís da FE-11 –o esquerdo, de acceso á Ponte das Cabras-, entre a glorieta de Alcampo e a mencionada ponte debido ás obras.
Esta nova restricción no tráfico rodado estará operativa ata finais deste ano, según apuntaron fontes da empresa que executa os traballos do saneamento integral da ría nesa zona da localidade.
Estas variacións temporais súmanse ás que están en vigor nun tramo da rúa Illas Sisargas, xunto ás Vivendas da Marina, que permanecerá pechado dous meses, e outro da rúa Luís Seoane, entre a estrada de Castelao e a avenida Vicente Risco, que terá unha duración de sete semanas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal