Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A FUNDACIÓN ALBA PÉREZ RECADOU CASE 2.000 EUROS NA GALA SOLIDARIA CELEBRADA EN NARÓN
A cita tivo lugar o sábado 12 de setembro nas instalacións do Pazo da Cultura
Narón, 15 de setembro de 2015. Os organizadores da Gala Solidaria a favor da Fundación Alba Pérez, unha entidade sen ánimo de lucro de loita contra o cancro infantil, lograron recadar no acto do pasado sábado no Pazo da Cultura 1.950,60 euros. Esta cantidade destinarase integramente á citada Fundación, presidida por Rafael Pérez, pai de Alba Pérez, unha menor de Barcelona que faleceu a consecuencia do cancro. As concelleiras de Cultura e Igualdade de Narón, Marián Ferreiro e Teresa Sabio, respectivamente, agradeceron o apoio prestado pola veciñanza da localidade e tamén doutros municipios da comarca, que o pasado sábado acudiron á Gala Solidaria, e deron ademáis as grazas a todas aquelas persoas que fixeron aportacións económicas a través da Fila 0 ou adquirindo o libro “Sueño con Alba”, que se puxo á venta no Pazo da Cultura e no que Rafael Pérez narra a historia da súa filla. A organización da mencionada gala, da que forma parte Mónica Cereijo, agradeceu no seu nome e no do pai da menor –que acudiu ao acto- a colaboración prestada neste evento polo Concello de Narón. Da cantidade recadada, eses 1.950,60 euros, a maior parte correspóndese coa venta de entradas para a gala –a un prezo de cinco euros-, se ben un total de 210,60 euros ingresáronse a través da Fila 0, e outros 220 euros proceden da venta do libro escrito polo pai de Alba Pérez, tal e como explicou Mónica Cereijo. A organización comezará en breve a traballar para convocar unha nova gala solidaria con esta causa no ano 2016.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal