Na convocatoria explicáronse as liñas de financiamento da Comisión Europea para impulsar políticas urbanas Narón, 15 de setembro de 2015. A primeira tenente de alcalde de Narón, Marián Ferreiro, desprazouse ao Concello de Ourense para asistir a un encontro do Eixo Atlántico no que se explicaron as liñas estratéxicas e de financiamento que a Comisión Europea habilitará para impulsar a política urbana, entre outros asuntos. A representante do Concello de Narón valorou positivamente o encontro mantido na cidade ourensá.
Á convocatoria, á que se invitou aos alcaldes e ás alcaldesas de municipios membros do Eixo, ademais de aos presidentes das Deputacións da Coruña e Lugo, Valentín González e Elena Candia, respectivamente, acudiu Judit Torokne, responsable de política urbana na Dirección Xeral de Política Rexional da Comisión Europea. A cita comezou ás 10.30 horas no salón de plenos do Concello de Ourense e rematou pasada a unha da tarde.
|