Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ O 18 DE SETEMBRO A ESTREA DA OBRA "PRESIDENTE"
A peza cómica é unha coprodución da compañía Teatro do Morcego e do Concello de Narón
Narón, 16 de setembro de 2015. O Pazo da Cultura acollerá o 18 de setembro a estrea da comedia Presidente, de Xosé Luis Prieto, que se representará ás 20.30 horas e o sábado día 19 ás 20.00. A obra ten unha duración de hora e media e entre o elenco artístico de Teatro do Morcego están os actores Celso Parada, Merce Castro, César Goldi, Federico Pérez e a naronesa Iolanda Muíños, exalumna da Escola de Actores e Actrices de Narón. Os espectadores trasladaranse a unha campaña electoral e verán como un presidente do goberno tenta revalidar o seu cargo visitando persoalmente aos votantes, familias de moi diversa índole e que reaccionarán dun xeito moi distinto ao recibir esta visita. O Concello de Narón colabora, a través da Concellería de Cultura que dirixe a edil Marián Ferreiro, na produción desta comedia teatral. O prezo deste espectáculo é de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados. As entradas están xa á venta na taquilla do Pazo da Cultura, ao igual que as dos espectáculos que terán lugar este mes de setembro. A programación prevista para este ano continuará en setembro co espectáculo musical Gallaecia All Stars, que terá lugar o vindeiro día 20 no Pazo da Cultura, ás 19.00 horas, a cargo de Gallaecia Big Band, e que traerá a Narón un amplo repertorio de clásicos de diferentes estilos: mambos, boleiros, swing, rock and roll, soul, etc. A formación compóñena trece músicos, cos cantantes Sergio Zearreta e Paty Lesta e con Sito Sedes e Luis Iglesia como convidados estrela. O prezo das entradas é de 9,50 euros para o público en xeral e 6,65 para os abonados, persoas con carné xove, de estudante (ata 25 anos) e desempregados. O último espectáculo incluído na programación deste mes de setembro no Pazo da Cultura é a obra El Eunuco, de Pentación Espectáculos, que se representará o día 26 ás 20.00 horas. Esta comedia, de case dúas horas de duración, protagonízana actores como Anabel Alonso, Pepón Nieto, Alejo Sauras, María Ordoñéz e Eduardo Mayo, entre outros. Traslada aos espectadores a Atenas para contar unha historia de amor nun ambiente cortesá. O prezo é de 18 euros para o público en xeral e 12,60 para abonados, ou presentando o carné xove, o de estudante (ata 25 anos) ou a tarxeta de desempregado. As persoas interesadas en asistir aos espectáculos que este mes se desenvolverán no Pazo da Cultura de Narón poden adquirir xa as entradas nas taquillas das instalacións. Desde esta mañá están á venta as entradas para o estreo da obra Presidente, de Teatro do Morcego, a actuación musical Gallaecia All Stars, de Gallaecia Big Band e a comedia Eunuco, de Pentación Espectáculos. O despacho de billetes realizarase de luns a venres en horario de 10.30 a 14.00 horas e desde as 18.00 ata as 20.30 e tamén os sábados, en horario de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal