Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACOLLERÁ VARIOS ACTOS PARA CONMEMORAR A SEMANA DO CORAZÓN
Charlas informativas sobre hábitos cardiosaudables e un desfile solidario abrirán o programa
Narón, 17 de setembro de 2015. O concelleiro de Sanidade, Octavio Dopico e a edil de Acción Social, Catalina García, presentaron co presidente de Asociación de Amigos do Corazón (Amicor), Conrado Vilela e con Carlos Piñeiro, integrante da citada entidade, a Gala solidaria “Mulleres en vermello”, enmarcada nos actos para conmemorar a “Semana do Corazón”. A convocatoria inclúe un variado programa de actos que comezarán o 18 de setembro no local social do Couto. Ás 18.30 horas o médico e integrante de Amicor Carlos Piñeiro, impartirá unha charla sobre “Factores de risco”, na que falará sobre os riscos cardiovasculares, e ás 19.30 horas haberá un desfile solidario ao que seguirán unha sesión de bailes de salón, unha actuación do cantautor ferrolán Marcos Mella e outra da coral “Entre elas”, formada integramente por mulleres. O Concello de Narón colabora con esta iniciativa, para a que a organización acordou establecer unha entrada solidaria que consiste na entrega dalgún alimento non perecedeiro, roupa de segunda man ou calzado, para doalo ao Centro de Recursos Solidarios de Narón. A organización recomenda aos asistentes ao acto acudir vestidos de cor vermella, no que resulta un guiño ao lema internacional da campaña: “Go red”, en alusión á cor do sangue. A concelleira de Acción Social, Catalina García, agradeceu aos organizadoras esta colaboración co Centro de Recursos Solidarios de Narón. A edil naronesa participará activamente na convocatoria do día 18, presentando a charla e tamén desfilando. Pola súa parte, o concelleiro de Sanidade, Octavio Dopico, advertiu das elevadas mortes que ano tras ano se rexistran entre o colectivo feminino debido a problemas cardiovasculares. Na mesma liña se pronunciou Carlos Piñeiro, que aludiu aos problemas existentes, en ocasións á hora de detectar estas doenzas no caso das mulleres. Os actos da Semana do Corazón continuarán desenvolvéndose nos vindeiros días, tal e como explicou o presidente de Amicor, Conrado Vilela. Na xornada do domingo, día 20, terá lugar un acto de irmandamento coa Asociación Cardíaca Trébol de Corazones, de Cádiz, que realizará a primeira etapa do Camiño Inglés. O 26 de setembro realizarase un obradoiro sobre “Opcións de vida cardiosaudable”, que impartirán cardiólogos e médicos. Será ás 11.00 horas no local social do Couto, en Narón. Así mismo, tal e como avanzou Carlos Piñeiro, convocarase un taller de alimentación cardiovascular baixo o lema “Cómete el arcoíris”, que informará aos asistentes sobre os beneficios de comer un mínimo de cinco pezas de froita e vexetais ao día. Os edís naroneses Octavio Dopico e Catalina García fixeron un chamamento á veciñanza para que acuda á convocatoria de mañá, contribuíndo na medida das súas posibilidades a esta cita solidaria que permitirá axudar ás familias de Narón e da comarca a través do Centro de Recursos Solidarios de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal