Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO ADHÍRESE Á OBRIGADA CAMPAÑA DE REGULARIZACIÓN CATASTRAL IMPULSADA POR FACENDA
O CONCELLO ADHÍRESE Á OBRIGADA CAMPAÑA DE REGULARIZACIÓN CATASTRAL IMPULSADA POR FACENDA
A iniciativa ten entre os seus obxectivos a loita contra o fraude
Narón, 17 de setembro de 2015. O concelleiro de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, anunciou que o Concello de Narón se adherirá ao procedemento de regularización catastral 2014-2017, para dar así cumprimento a un proceso iniciado pola Dirección Xeral do Catastro e dirixido á loita contra o fraude. Villamar explicou que “é o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas o que nos obriga a acollernos a este procedemento, que debe iniciarse en todos os concellos antes do 31 de decembro de 2016, tal e como se publicou no BOE”. A medida non implica unha nova revisión dos valores catastrais e supón un prezo para o cidadán ao que se presta o servizo, por parte do Estado, de 60 euros por inmoble regularizado, tal e como apuntou o edil naronés. Villamar informou sobre este programa aos representantes dos grupos políticos da corporación local no transcurso da Comisión Informativa de Contratación, Persoal e Especial de Contas.
O pasado mes de xullo o Concello de Narón recibiu un escrito do Ministerio de Facenda informando sobre este procedemento. Representantes do goberno local reunironse co xerente rexional, Benito Bericochea, para informarse sobre o mesmo e, a continuación, adherirse a el, ao tratarse dunha obriga para todos os concellos.
O procedemento desenvólveo directamente a Dirección Xeral do Catastro e ten como obxectivo incorporar a este organismo os bens que non están inscritos ou que o están pero de xeito incorrecto ou incompleto, incumprindo así unha obriga dos propietarios de declarar ante o Catastro calquera alteración nos seus inmobles.
Esta medida contribuirá a que a tributación destes bens no IBI sexa a que se corresponde coa realidade inmobiliaria en cada un dos casos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal