Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO ANALIZA COS SERVIZOS XURÍDICOS A POSIBILIDADE DE RECURRIR A SENTENCIA DO SANEAMENTO CONTRA FERROL
O CONCELLO ANALIZA COS SERVIZOS XURÍDICOS A POSIBILIDADE DE RECURRIR A SENTENCIA DO SANEAMENTO CONTRA FERROL
O alcalde, José Manuel Blanco, incide en que o documento xudicial emitido "non entra a valorar o fondo da cuestión"
Narón, 17 de setembro de 2015. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, pronunciouse sobre a sentencia do xulgado do contencioso administrativo número 1 de Ferrol na que se rexeita o recurso presentado polo Concello contra Ferrol sobre a xestión do saneamento. Blanco incidiu en que o documento “di que Narón non está lexitimado para presentar este recurso pero non entra a valorar o fondo da cuestión”. O alcalde naronés avanzou que se está analizando cos servizos xurídicos do Concello a posibilidade de presentar un recurso contra esta sentencia “para que sexa o tribunal correspondente o que entre no fondo deste tema, que é o importante”.
O rexedor local recurriu a un símil para explicar o sucedido apuntando que “é o mesmo que se lle rexeitan unha denuncia a unha persoa á que rouban nun local por non ser o propietario do establecemento”.
Blanco recordou que no momento de denunciar a situación o municipio naronés non estaba vertendo aínda “pero como o imos facer, cremos que estamos lexitimados para facer esta reclamación”. Así mesmo, o alcalde incidiu en que “en ningún momento esta sentencia di que o acordo que denunciamos sexa legal, polo que a día de hoxe, como dixen hai uns meses, sigo mantendo que se trata dun acordó ilegal e nulo de pleno dereito”.
O alcalde naronés lamenta que o portavoz do PP de Ferrol, José Manuel Rey, “continúe intentando ocultar as súas carencias dicindo que non se intentou chegar a un acordo entre as administracións implicadas neste proxecto, porque desde o Concello de Narón enviamos máis de cinco escritos a Rey Varela, cando era alcalde, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e a Augas de Galicia, sin conseguir que nos sentásemos todos nunha mesa a negociar”.
No que respecta ao solicitado pago das costas por parte do goberno local de Narón, Blanco sinalou que “é unha mostra máis do ridículo que se pode chegar a facer, porque è como dicir que a taxa de saneamento que se cobrou ata agora aos veciños de Ferrol sen completar o proceso de depuración a ten que devolver o anterior goberno, presidido por Rey Varela”.
“Este alcalde nunca boicoteou o servizo do saneamento, pero o que si defendeu desde o principio foi que os veciños pagaran o xusto polo mesmo, o que lles correspondía, non o que querían aplicar e que parece e se demostrou que a Rey Varela lle serviu”, asegurou Blanco. O rexedor local naronés recordou ao hoxe líder do PP na oposición do Concello de Ferrol que “o seu goberno aprobou no pleno un convenio que o goberno local de Narón non aceptou e que se respaldou cando se cambiaron os datos que nós solicitamos e que obligou a Ferrol a lévalo novamente ao pleno; nós solo pedimos que se clarificase que se pague o que corresponde aos veciños”.
No referente ao abastecemento o alcalde recordoulle a Rey Varela que “foi o primeiro que dixo tras tomar posesión do cargo no ano 2011, que ía impugnar o acordo, e non fixeron nada en catro anos e agora acórdanse, cando están na oposición”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal