Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GOBERNO LOCAL LEVARÁ AO PLENO UN CAMBIO DE USOS NO MODIFICADO DE CRÉDITO PARA INVESTIMENTOS
A proposta inclúe unha partida para a redacción do Plan de Mobilidade do Concello de Narón
Narón, 18 de setembro de 2015. O concelleiro de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, anunciou un cambio de usos no modificado de crédito aprobado o pasado mes de xullo no pleno local por importe de 3,6 millóns de euros. O edil, que presentou na Comisión Informativa de Contratación, Persoal e Especial de Contas esta proposta aos integrantes da mesma –para posteriormente sometela a votación na sesión plenaria de finais de mes- explicou que se trata dunha partida total de 190.445 euros. Esta cantidade retirarase do global destinado no modificado de crédito á amortización de débeda –que contará con 70.444 euros menos- e do Plan de mellora de servizos e pavimento de rúas –que se reducirá en 120.000 euros-. Villamar asegurou que “aínda que a contía poida parecer pequena, ten bastante importancia, porque vai permitir atender a unha serie de convenios deportivos e realizar pequenas actuacións, pero para min o máis destacable é que vai dar inicio á contratación do Plan de Mobilidade, que é un dos grandes compromisos do grupo de goberno de Narón para este mandato”. Así mesmo o edil de Xestión Orzamentaria destacou que os cambios permitirán destinar partidas importantes para a mellora de servizos e pavimentación de rúas en zonas urbanas. Dos 190.445 euros da partida total, 60.500 destinaranse á contratación do Plan de Mobilidade, sendo este o investimento máis elevado dos previstos con cargo a este cambio de usos do modificado de crédito. Así mesmo, apuntou Villamar, resérvanse 50.905 euros para diversos proxectos; 13.000 para o pintado e zócalo do Pazo da Cultura; 15.000 para unha rampa na antiga escola de San Mateo; 6.000 para a área de Bibliotecas e 45.095 para convenios co Club Cidade de Narón -30.000 euros- e co Club de Baloncesto Santiago Apóstol -15.095 euros-.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal