Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ENTREGA DE DIPLOMAS AOS CATORCE ALUMNOS QUE REMATARON UN CURSO DE CARNICERÍA
ENTREGA DE DIPLOMAS AOS CATORCE ALUMNOS QUE REMATARON UN CURSO DE CARNICERÍA
A acción formativa, de 400 horas de duración, enmarcouse no programa municipal "Mocifor 2015"
Narón, 22 de setembro de 2015. O Concello de Narón acolleu o acto de entrega de diplomas aos alumnos que realizaron o curso de Carnicería promovido pola Concellería de Formación, que dirixe a edil Natalia Hermida, a través do programa “Mocifor 2015”, dirixido a desempregados/as da localidade de entre 18 e 35 anos. O acto estivo presidido polo alcalde, José Manuel Blanco, que felicitou aos catorce alumnos e alumnas que remataron con éxito este curso, de 400 horas de duración, que comezou o pasado mes de abril e rematou en agosto. O investimento do Concello no programa “Mocifor 2015” ascendeu a 15.000 euros.
A edil de Formación destacou o interese dos participantes nesta acción formativa impulsada polo Concello e valorou o seu “esforzo e ilusión” do alumnado durante o desenvolvemento das clases, que tiveron lugar no Centro Municipal de Formación “Irmáns Froilaz” e cuxas prácticas se realizaron en diferentes empresas da zona. Natalia Hermida e José Manuel Blanco agradeceron especialmente a colaboración prestada por esas firmas “sen a que non podería celebrarse este curso”, tal e como apuntou o alcalde. O éxito da convocatoria traduciuse nesta ocasión na formalización de contratos de traballo a dúas persoas que realizaron este curso.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal