Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO OFERTA SETE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CON CARGO AO PROGRAMA MUNICIPAL "PROMEDEX 6"
O CONCELLO OFERTA SETE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CON CARGO AO PROGRAMA MUNICIPAL
O prazo de matrícula manterase aberto ata o vindeiro 9 de outubro
Narón, 22 de setembro de 2015. O Concello de Narón mantén aberto ata o día 9 de outubro o prazo de inscrición no Programa de Educación Extraescolar “Promedex 6”. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, recordou que se trata dunha iniciativa dirixida aos e alumnas dos centros educativos públicos do municipio, así como ás súas familias e que ten entre os seus obxectivos favorecer o desenvolvemento de actividades que proporcionen unha formación integral e optimizar os tempos extraescolares. As persoas interesadas en participar deben entregar a solicitude no Rexistro Municipal do Concello. O prezo das actividades incluídas neste programa municipal é de 8,15 euros por mes e usuario, excepto “Reforzatic” –un obradoiro de reforzo educativo a través do emprego das Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación- e as Escolas de Familia, nas que paga un único integrante da mesma.
A oferta de “Promedex 6” inclúe, tal e como explicou Mercedes Taibo, Obradoiros para educación Primaria e Infantil, entre os que están: “Xogolinguas”, dirixido a alumnos e alumnas de Infantil e de primeiro e segundo curso de Primaria, e cuxo obxectivo é inicialos en coñecementos de lingua inglesa, francesa e alemana; “Reforzatic” e “Xogo Popular”, para alumnos de Primaria e que forman aos asistentes, a través do xogo, en diferentes modalidades de deporte alternativo, contribuíndo así á recuperación das tradicións.
A iniciativa contempla tres modalidades específicas para alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato. Aos primeros diríxense os obradoiros de “Xogo Popular” e a ambos colectivos os de “Arte e Cultura Urbana” –para manexarse en técnicas como o graffiti como medio de expresión- e os de “Canción xuvenil” –para adentrar á mocidade na música coral-. Por último, “Promedex 6” ofrece obradoiros para adultos, no marco das “Escolas de familia”, de disciplina positiva e coaching familiar. Nestas sesións pedagóxicas abórdanse temas como o desenvolvemento emocional, o control do estrés, a resolución de conflitos, bulling e acoso escolar, etc.
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, subliñou a importancia destas convocatorias tanto para os alumnos e alumnas dos centros escolares de Narón como para as súas familias, en canto que “permiten participar ao longo do ano en diferentes actividades segundo as necesidades de cada familia e contribuír á completar a súa formación en horario extraescolar”. A edil naronesa apuntou que os obradoiros teñen un límite de prazas, de entre dez e quince persoas, dependendo da modalidade elixida.


Descarga de archivos
SolicitudeTamaño: 262,75 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal