Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O MUNICIPIO ACOLLE ESTE DOMINGO A "I CARREIRA SOLIDARIA ASOTRAME"
A iniciativa coincidirá coa celebración do Día Internacional do Donante de Médula Ósea
Narón, 22 de setembro de 2015. A Asociación Gallega de Transplantados de Médula Ósea e a Federación Galega de Atletismo organizan a “I Carreira Solidaria Asotrame”, un evento no que colabora o Concello de Narón a través do Padroado de Deportes e que coincidirá coa conmemoración do Día Internacional do Donante de Médula Ósea. O concelleiro da área, Román Romero, presentou a actividade acompañado pola presidenta de Asotrame, Cristina Piñeiro. A cita terá lugar este domingo, día 27, e consistirá nunha carreira para adultos –de cinco quilómetros-, e tres máis para as categorías de infantil e cadetes -1,5 quilómetros-; de benxamíns e alevíns –un quilómetro- e de pitufos -0,1 quilómetros- e en dúas andainas, unha para adultos e outra para menores (ata o ano 2000), ambas de tres quilómetros. As persoas interesadas en participar teñen de prazo ata este xoves para inscribirse a través da páxina: www.carreirasgalegas.com, onde poden consultar, entre outros datos, os percorridos. O prezo é de sete euros para os adultos e un para o resto –para participar nas carreiras- e de catro euros para a andaina de adultos e un para a de menores. A presidenta de Asotrame explicou que a carreira de adultos comezará ás 11.00 horas e a partir das 12.00 sucederanse as do resto de categorías, saíndo todas do pavillón polideportivo da Gándara. Cristina Piñeiro apuntou ademais que é preciso presentarse no pavillón unha hora antes para recoller os dorsais. O diñeiro recadado destinarase á Asociación Gallega de Transplantados de Médula Ósea, tal e como apuntou o concelleiro de Deportes, Román Romero, que animou á veciñanza de Narón e da comarca a participar nesta actividade solidaria pensada para os maiores pero tamén para os nenos e nenas. Ao remate da convocatoria haberá trofeos e premios para os mellor clasificados e o resto de participantes.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal