Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PENTACIÓN ESPECTÁCULOS REPRESENTARÁ A COMEDIA
A axenda cultural desta fin de semana inclúe ademáis unha sesión de ensaios musicais da Agrupación Cultural Musical Sementeira na praza da Gándara
Narón, 24 de setembro de 2015. A compañía teatral Pentación Espectáculos representará mañá, día 26, no Pazo da Cultura a comedia El Eunuco, unha obra entre cuxo elenco están recoñecidos actores como Anabel Alonso, Pepón Nieto, Alejo Sauras ou Antonio Pagudo, entre outros. A cita será a partir das 20.00 horas e o prezo das entradas é de 18 euros para o público en xeral e 12,60 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados. As entradas están xa á venta na taquilla do Pazo da Cultura de Narón. El Eunuco narra unha historia de amor ambientada en Atenas e na que están implicadas tres persoas, dúas delas irmáns. A medida que avanza a representación contaranse nove historias no que é unha versión do clásico El Eunuco, do autor teatral Publio Terencio. Amor, celos, diñeiro e orgullo centrarán as diferentes historias que compoñen esta comedia teatral. Ensaios de Sementeira na Gándara Alumnos da Agrupación Cultural Musical Sementeira realizarán mañá os seus ensaios na praza da Gándara, a partir das 12.30 horas. A actividade dá continuidade ás programadas pola Concellería de Cultura, dirixida pola edil Marián Ferreiro, para promover os ensaios de agrupacións musicais da localidade en diferentes espacios públicos da zona urbana de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal