Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO OBRADOIRO "COIDANDO Á COIDADORA" DO "II PLAN DE IGUALDADE DE NARÓN"
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO OBRADOIRO
As persoas interesadas en participar deben entregar a solicitude antes do 30 de setembro no Concello
Narón, 24 de setembro de 2015. A concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, anunciou a apertura do prazo de inscrición, ata o 30 de setembro, no obradoiro Coidando á coidadora, enmarcado no II Plan de Igualdade do Concello de Narón. Os destinatarios desta iniciativa son homes e mulleres coidadores/as non profesionais a partir de 18 anos. As persoas interesadas deben anotarse no Rexistro Xeral do Concello –de 8.30 a 13.00 horas-, presentando a solicitude oficial xunto cunha fotocopia do D.N.I. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición e a concesión das mesmas comunicarase por teléfono ás persoas que obteñan unha das quince dispoñibles.
O obradoiro Coidando á coidadora desenvolverase entre o 2 de outubro e o 18 de decembro, os venres, en horario de 18.30 a 20.30 no Centro Comunitario “Manuela Pérez Sequeiros”. As sesións permitirán aos participantes adquirir habelencias básicas e de reforzo psicolóxico para coidadoras non profesionais de persoas dependentes, tal e como apuntou a edil de Promoción Social. Entre os obxectivos destes obradoiros están, recordou Teresa Sabio, contribuír ao desenvolvemento persoal e benestar das persoas dependentes; mellorar os seus recursos para potenciar o seu autocoidado e aumentar a súa formación e habilidades para poder atender a dependentes. As clases dividiranse en catro bloques: Estratexias de autocoidado; Estratexias para afrontar situacións difíciles; Emocións e sentimentos e Estratexias para mellorar a comunicación. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao Servizo Sociocomunitario, chamando ao teléfono 981 337 700 (ext. 1113 e 1115).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal