Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PERÍODO DE INSCRICIÓN PARA INSTALAR POSTOS DE VENTA DE PRODUTOS ARTESÁNS NA "XV FEIRA DO MEL"
A cita terá lugar os vindeiros días 10 e 11 de outubro no recinto feiral do Trece, en Sedes
Narón, 24 de setembro de 2015. A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, anunciou a apertura do prazo de inscrición para a instalación de postos de produtos artesáns na décimo quinta edición da Feira do Mel e dos Produtos ecolóxicos e artesáns que se celebrará os días 10 e 11 de outubro no recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes. As persoas interesadas en participar deben comunicalo a través da dirección de correo electrónico: s.padin@naron.es ou chamando ao número de teléfono 981 337 700 (ext. 1075). A edil incidiu en que non se cobrarán taxas aos responsables dos postos de venta nesta convocatoria. Poderán anotarse aquelas persoas que queiran expoñer ou vender artículos ou produtos de alimentación artesanais durante o transcurso da Feira do Mel, onde tamén haberá un apartado de produtos ecolóxicos. Mar Gómez asegurou que “esta convocatoria, ademais de ser unha cita idónea para degustar e mercar mel elaborada nesta comarca, ofrece unha oportunidade a todos aqueles artesáns que traballan en diferentes sectores, sexan ou non emprendedores, que queiran amosar e dar saída ás súas producións”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal