Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO DESTINA 32.500 EUROS A CONVENIOS CON ASPANEMI, ASPANAES, ASPANEPS E O SANTO HOSPITAL DE CARIDADE
O CONCELLO DESTINA 32.500 EUROS A CONVENIOS CON ASPANEMI, ASPANAES, ASPANEPS E O SANTO HOSPITAL DE CARIDADE
As diferentes partidas destinaranse a atender aos usuarios destas entidades e ás súas familias
Narón, 28 de setembro de 2015. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou no Concello, xunto coa edil de Promoción Social, Teresa Sabio, catro convenios de colaboración coas presidentas da Asociación de Pais de Nenos con Minusvalías (Aspanemi), Montse Fraga; a Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista (Aspanaes), María José Álvarez; a Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais (Aspaneps), Mercedes Fano, e co presidente do Patronato-Irmán Maior da Fundación Santo Hospital de Caridade, Alberto Manuel Lens, por un importe conxunto de 32.500 euros.
O rexedor local, José Manuel Blanco, recordou que no caso de Aspanemi e Aspanaes, que recibirán 1.500 e 12.000 euros respectivamente, parte dese diñeiro deberá destinarse á información e asesoramento ás familias afectadas, así como a diferentes programas e actividades, no caso de Aspanemi, e á atención nos centros residenciais e de día para persoas con problemas de autismo e outros trastornos no de Aspanaes. Os 15.000 euros do convenio asinado con Aspaneps serán para proxectos de intervención familiar e coa infancia en risco psicosocial e tamén para apoio ás familias. Por último, a Fundación Santo Hospital de Caridade, que percibirá do Concello 4.000 euros, deberá poñer a disposición da administración local o albergue para acoller a persoas sen teito ou en situación de emerxencia e tamén as instalacións hospitalarias para acoller a maiores, entre outros compromisos.
Blanco destacou o traballo que realizan tanto estas tres asociación como a Fundación Santo Hospital de Caridade, que atenden entre moitas outras persoas á veciñanza de Narón que demanda os seus servizos e traballan día a día, subliñou, “por mellorar a calidade de vida tanto dos usuarios destas entidades como das súas familias”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal