Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS COMPAÑÍAS CHONI CÍA. FLAMENCA E REDRUM REPRESENTARÁN ESTA FIN DE SEMANA DÚAS OBRAS NO PAZO DA CULTURA
O elenco destas compañías porá en escea as obras La gloria de mi mare e Noiteboa
Narón, 1 de outubro de 2015. As compañías teatrais Choní Cía. Flamenca e Redrum serán as protagonistas dos actos programados esta fin de semana no Pazo da Cultura de Narón. O 2 de outubro terá lugar, a partir das 20.30 horas a representación da comedia La gloria de mi mare, unha peza que narra a historia dunha “bailaora” de flamenco cuxa nai proxecta nela os seus soños de moza, cando quixo adicarse, sen éxito, a esta profesión. O humor, a copla, a improvisación e a ironía iranse compaxinando ao longo das case dúas horas de duración desta obra teatral, dirixida por Estrella Távora. O prezo das entradas é de 12 euros para o público en xeral e de 8,40 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados. Na xornada do sábado día 3 será o turno da compañía Redrum, que representará no Pazo da Cultura, a partir das 20.00 horas, a obra Noiteboa, cunha duración de aproximadamente unha hora e cuarto. Recoñecidos actores como Ernesto Chao, Mela Casal e Guillermo Carbajo forman o elenco artístico desta peza dirixida por Alex Sampayo e Borja F. Caamaño. Esta obra, enmarcada no xénero dramático, conta a historia de Mariví, unha xubilada que contrata a dúas persoas para que lle fagan compañía na cea de Noiteboa, para non estar soa na súa casa. O prezo das entradas é de 9,50 euros para o público en xeral e 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados. As entradas poden adquirirse anticipadamente ou o mesmo día da representación na taquilla do Pazo da Cultura de Narón. O despacho de billetes é de luns a venres, de 10.30 a 14.00 horas e de 18.00 a 20.30 e os sábados entre as 10.00 e as 13.00 e desde as 17.00 ata as 20.00 horas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal