Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLE ESTE DOMINGO UN FESTIVAL SOLIDARIO
A recadación das entradas, que custan cinco euros, destinarase ao Centro de Recursos Solidarios de Narón
Narón, 1 de outubro de 2015. A concelleira de Acción Social, Catalina García, presentou xunto con José Manuel González, do Centro de Recursos Solidarios de Narón; Carlos Noche, de Los Zares; Mónica Carral, de Zin´s Sensations; Fausto Escrigas, do Grupo Magenta e Laura Toimil, psicóloga colaboradora da asociación Dignidad, o Festival Solidario que terá lugar este domindo, 4 de outubro, no Pazo da Cultura de Narón. A convocatoria comezará ás 18.00 horas e os asistentes deberán abonar cinco euros pola entrada que se destinarán ás citadas instalacións, con sede no municipio naronés. A edil naronesa explicou que o programa de actos previsto para a xornada comezará cunha sesión de zumba a cargo de Zin´s Sensations e continuará coas actuacións de Los Zares, con Sito Sedes; La Promesa e o Grupo Magenta. Entre os dous primeiros actos e ao final proxectarase un video de cinco minutos no que se dará a coñecer a historia destas instalacións desde que se proxectaron na localidade, a finais de 2008. O acto inclúe unha entrega dun diploma en recoñecemento a unha das entidades colaboradoras, a modo de Premio Solidario, que entregará a primeira tenente de alcalde de Narón e Concelleira de Cultura, Marián Ferreiro. As persoas que queiran realizar unha donación ao Centro de Recursos Solidarios de Narón poden tamén facelo a través da Fila 0: ES95 0238 8158 060600070448. A edil de Acción Social e o representante do Centro de Recursos Solidarios de Narón agradeceron a colaboración de diferentes entidades e persoas colaboradoras, se ben José Manuel González destacou tamén a axuda do Concello, por ceder as instalacións do Pazo da Cultura para este acto. Catalina García animou á veciñanza a sumarse a este novo acto solidario cuxo fin é recadar diñeiro “para axudar ás familias de Narón e da comarca que peor o están pasando debido a esta crise económica e que nos piden roupa e productos de alimentación e hixiene a través do Centro de Recursos Solidarios de Narón”, asegurando que “desde o Concello seguiremos traballando para tratar de cubrir as necesidades máis básicas de todas aquelas persoas que soliciten a nosa axuda”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal