Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS RECADOU 1.400 EUROS NO FESTIVAL SOLIDARIO DO PAZO DA CULTURA
O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS RECADOU 1.400 EUROS NO FESTIVAL SOLIDARIO DO PAZO DA CULTURA
A esta partida súmanse otras doazóns de algo máis de setecentos quilos de alimentos e vales para canxear por combustible realizadas nas últimas semanas
Narón, 5 de outubro de 2015. O Pazo da Cultura acolleu o 4 de outubro a celebración da terceira edición do Festival Solidario, no que se recadaron 1.400 euros –coa venta de entradas- que se destinarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón. A tenente de alcalde e concelleira de Cultura de Narón, Marián Ferreiro, a edil de Acción Social, Catalina García, e Dolores Romero, presidenta da asociación Dignidad, subiron ao escenario para facer entrega do Premio Solidario, un diploma que nesta ocasión recolleu Agustín García, xerente de supermercados Lidl en Narón e Ferrol, polas doazóns que a firma realiza ao longo do ano ao Centro de Recursos Solidarios de Narón, unha axuda que agradeceron as representantes do Concello.
O festival, presentado pola xornalista naronesa Raquel Rodríguez, comezou cunha exhibición de zumba a cargo de Zin´s Sensation, á que seguíu unha actuación musical de Los Zares, con Sito Sedes. A continuación proxectouse un vídeo no que se contaba a historia do Centro de Recursos Solidarios de Narón e se amosaban varias imaxes de actividades programadas para recadar fondos. O Grupo Magenta e La Promesa completaron o apartado musical deste evento.
A tenente de alcalde de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Acción Social, Catalina García, agradecen á veciñanza o respaldo a este evento, convocado con fins solidarios, así como todas as doazóns que ao longo do ano realizan tanto asociacións como empresas e particulares ao Centro de Recursos Solidarios de Narón, cuxas instalacións se localizan no polígono das Lagoas e que atende a familias da localidade e tamén doutros concellos da comarca.

Outras doazóns ao Centro de Recursos Solidarios de Narón
A concelleira de Acción Social, Catalina García, recibiu do director xerente do Grupo Capela, Elías Paz, unha doazón para as citadas instalacións de 300 euros en vales de combustible a repostar na gasolineira que a empresa ten no polígono da Gándara, en Narón. O donativo realizado por Hidrocarburos del Norte –firma do Grupo Capela- é dun importe idéntico ao que a empresa efectuou o ano pasado e permitirá reducir os gastos de repostaxe no vehículo que o Centro de Recursos Solidarios de Narón utiliza como servizo de transporte.
Así mesmo, a empresa Ortegal Oil colaborou un ano máis co Centro de Recursos Solidarios de Narón e o seu xerente, Antonio López, entregoulle á edil Catalina García un total de 20 vales por importe de 25 euros cada un para repostar nas gasolineiras que a compañía ten nos concellos de Narón e Fene. A doazón de Ortegal Oil é tamén idéntica á realizada o ano pasado, por un importe de 500 euros, e que o propio xerente da firma confía en manter en vindeiras anualidades.
Catalina García agradeceu a Elías Paz e a Antonio López a colaboración que as empresas ás que representan presta ao Centro de Recursos Solidarios, “contribuíndo así cunha causa solidaria e axudando a que poidamos reducir gastos en distribución e destinar eses cartos a outros fins propios destas instalacións”.
A edil de Acción Social agradeceu tamén as doazóns de alimentos realizadas a finais do pasado mes de setembro na Gala Solidaria organizada por Amicor e celebrada no Couto –“Mulleres en vermello”- e na de Salseiros Solidarios celebrada na discoteca Onda, nas que se recadaron 150 e 570 quilos de alimentos respectivamente, que se entregaron ao Centro de Recusos Solidarios de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal