Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE SERVIZOS INSTALA VARIOS SINAIS PARA EVITAR A PROLIFERACIÓN DE VERTEDOIROS ILEGAIS
Nas últimas semanas colocáronse unha decena de indicadores tras proceder á retirada dos residuos localizados en varios puntos do municipio
Narón, 6 de outubro de 2015. A Concellería de Servizos, dirixida polo edil Ibán Santalla, instalou unha decena de sinais nos que se advirte da prohibición de verter residuos de xeito ilegal en parcelas de titularidade pública ou privada. O goberno local procedeu a limpar os vertedoiros de cuxa existencia tiña coñecemento e agora, rematados os traballos, colocou a sinalización pertinente co fin de que non se repitan este tipo de prácticas ilegais no termo municipal. O concelleiro naronés explicou que algún dos sinais se localizan na zona de Piñeiros –baixo a ponte da autovía- nunha parcela do polígono industrial de Río do Pozo; nas inmediacións do muíño de Amenadás e na glorieta da Gándara. Eran estes os focos de vertedoiros incontrolados dos que tiña constancia o goberno local na zona urbana, aínda que, tal e como apuntou o edil “estaremos vixiantes para proceder á limpeza de calquera outro posible novo punto que se localice para erradicar este tipo de prácticas ilegais”. Santalla aludiu á necesaria colaboración cidadá tanto para denunciar a existencia de vertedoiros como para evitar a súa proliferación e recordou que o Concello dispón dun Servizo de Inspección Ambiental ante o que se denuncian, na Policía Local, estas prácticas. Así mesmo, o edil incidiu na existencia dun Punto Limpo no polígono de Río do Pozo, donde se recollen os residuos que algunha xente deposita neste tipo de vertedoiros. As instalacións, ubicadas frente a Sogama, abren as súas portas de luns a venres, en horario de 09.00 a 13.00 e de 16.00 a 19.00 e os sábados desde as 09.00 ata as 14.00 horas. O pasado mes de agosto o edil Ibán Santalla anunciaba un incremento da vixilancia policial para evitar este tipo de prácticas “unha tarefa que continuaremos mantendo no tempo”, asegurou o concelleiro. Santalla recordou ao respecto que o Concello dispón desde hai varios anos dunha ordenanza específica que contempla multas de ata 3.000 euros para sancionar ás persoas que contribúen á existencia de vertedoiros ilegais na localidade. “Hai varios expedientes abertos por este tipo de problemas e seguiremos traballando para que estas prácticas non queden impunes”, subliñou o edil de Servizos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal