Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A COMPAÑÍA TEATRO DO ATLÁNTICO E O GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL LEILÍA ACTÚAN ESTA FIN DE SEMANA NO PAZO DA CULTURA
A COMPAÑÍA TEATRO DO ATLÁNTICO E O GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL LEILÍA ACTÚAN ESTA FIN DE SEMANA NO PAZO DA CULTURA
O teatro e a música tradicional centrarán a actividade cultural do Pazo
Narón, 8 de outubro de 2015. O teatro e a música tradicional daranse cita esta fin de semana no Pazo da Cultura de Narón. O sábado, ás 20.00 horas a compañía Teatro do Atlántico representará a obra “O principio de Arquímedes” e o domingo ás 19.00 horas actuará o grupo de cantareiras e pandereteiras Leilía, que interpretará temas do seu álbum “Consentimento interior”. As persoas interesadas en asistir poden adquirir as entradas na taquilla do Pazo, a un prezo –cada un dos espectáculos- de 9,50 euros para o público en xeral e 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados. O horario para o despacho de billetes –que poderán adquirirse o mesmo día dos actos- é de de luns a venres desde as 10.30 ata as 14.00 e de 18.00 a 20.30 e os sábados de 10.00 a 13.00 e desde as 17.00 ata as 20.00 horas.
“O principio de Arquímedes” é unha peza dramática dirixida por Xúlio Lago que protagoniza un adestrador de natación de alumnos infantís sobre o que recae a sospeita de que poida ser un pederasta. O medo apodérase dos personaxes, que cada vez parecen estar máis convencidos das acusacións contra o adestrador, o que leva a presenciar algúns actos de violencia.
No que respecta á actuación musical, as seis voces femininas que compoñen o grupo Leilía interpretarán temas do seu último traballo, “Consentimento Interior”, un álbum que viu a luz no ano 2011. A formación, con cinco discos no mercado, creouse no ano 1989 e desde entón realiza unha importante contribución á recuperación da música tradicional galega.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal