Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO VALORA O ÉXITO DA XV FEIRA DO MEL E DE PRODUTOS ECOLÓXICOS E ARTESÁNS
O CONCELLO VALORA O ÉXITO DA XV FEIRA DO MEL E DE PRODUTOS ECOLÓXICOS E ARTESÁNS
O recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes, acolleu a convocatoria, na que se reservou un espazo á gastronomía e a cervexa artesá
Narón, 11 de outubro de 2015. A XV edición da Feira do Mel e de produtos ecolóxicos e artesáns clausurouse cun gran éxito de público. A cita desenvolveuse no recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes, e durante toda a fin de semana abriu as súas portas en horario de mañá e tarde, ofrecendo aos visitantes unha gran variedade de produtos, entre os que o mel foi un dos protagonistas. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco; a edil de Feiras e Mercados, Mar Gómez, e o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, realizaron un percorrido polo recinto feiral. A edil Mar Gómez valorou a resposta cidadá a esta convocatoria, que, asegurou, “un ano máis tivo unha excelente aceptación, o que é unha satisfacción para o Concello, como organizador, pero sobre todo un éxito dos produtores de mel, de alimentos ecolóxicos e de produtos e cervexa artesáns que se deron cita esta fin de semana en Sedes”.
No interior dunha das naves da feira ubicáronse 26 postos de venta de mel, alimentos ecolóxicos e produtos de artesanía. Os vendedores ofrecían mel de diferentes zonas, a maioría da comarca, de gran calidade, pero tamén tiveron gran aceptación embutidos elaborados con carne de cervo, xabaril e avestruz, entre outros; hortalizas da zona, bisutería artesán; artículos elaborados con coiro ou figuras de area; libros antigos e doces caseiros. Tamén no interior das naves se habilitou un posto donde se podían doar roupa e alimentos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón. Fóra do recinto instalouse un espazo para asar castañas, que se repartían de balde entre os visitantes. Nas inmediacións da nave ubicouse a carpa de cervexeiros artesáns, con nove stands e un posto donde se cociñaba polbo, con gran aceptación entre os visitantes. Os produtores de cervexa artesá chegaron de diferentes puntos de Galicia, como Tomiño, Ourense e Val do Miño, entre outros, e ofrecían diversas variedades de cervexa, unha delas elaborada con auga de mar, recuperando nalgúns casos receitas doutros países. Un grupo musical contratado para a ocasión encargouse de amenizar a xornada, durante o mediodía e pola tarde-noite.
A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, destacou o éxito da convocatoria e anunciou que o Concello traballará na organización dunha nova feira da cervexa e de produtos artesáns, que se podería concretar en breve na zona urbana, debido á boa aceptación da convocatoria desta fin de semana.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal