Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO DISPÓN DUN NOVO CAMPO DE FÚTBOL 7 EN SAN MATEO
O CONCELLO DISPÓN DUN NOVO CAMPO DE FÚTBOL 7 EN SAN MATEO
O goberno local e "Costa Noroeste" cofinanciaron os traballos, cuxo investimento ascendeu a 35.634,30 euros
Narón, 13 de outubro de 2015.- A parroquia de San Mateo dispón dunha nova área de adestramento e fútbol xunto ao campo municipal da citada parroquia naronesa. A empresa Jardinería Arce executou os traballos do proxecto de “Acondicionamento de parcela para campo de adestramento e fútbol 7 en Xaiba (San Mateo)” por un importe de 35.634,30 euros –as obras licitáronse en 36.360- dos que o Grupo de Desenvolvemento Rural “Costa Noroeste” financiou 9.916,38 euros e o Concello sufragou os 25.717,92 restantes. O remate desta actuación permite ao goberno local cumprir un compromiso adquirido no seu día coa veciñanza da parroquia de San Mateo. O edil de Deportes, Román Romero, destacou a aposta do goberno local naronés por completar a rede de instalacións deportivas na localidade, “unha liña de traballo que seguiremos mantendo nesta área nos vindeiros anos”.
O campo de fútbol 7 ocupa unha superficie de 1.800 metros cadrados e nesa mesma explanada poderá adestrar o equipo superior. As obras comezaron co acondicionamento do terreo, desbrozándoo e retirando a maleza e co adecentamento das zonas verdes con aporte de zahorra natural e colocando area fina drenante, dándolle tamén unha pequena pendiente e bombeo á explanada para poder evacuar as augas. O proxecto incluíu ademais o peche da parcela cunha malla galvanizada e a construción dun pequeno muro de contención para acotar a zona. A obra completouse coa plantación de árbores no perímetro do recinto.
Este novo espazo deportivo complementará aos xa existentes noutras zonas do núcleo urbano e rural do municipio e poderán utilizalo os equipos da localidade, incluídas as categorías inferiores.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal