Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE ENTREGOULLE UNS AGASALLOS CON MOTIVO DA SÚA XUBILACIÓN AO EXTESOUREIRO MUNICIPAL, JESÚS JANEIRO
O funcionario homenaxeado incorporouse ao plantel do Concello no ano 1981
Narón, 13 de outubro de 2015. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o secretario municipal, Alfonso de Prado, entregáronlle ao extesoureiro municipal, Jesús Janeiro Cazón, uns agasallos cos que agradeceron no seu propio nome e no do resto de funcionarios locais a súa profesionalidade e os servizos prestados no Concello. Xubilado desde o finais de decembro de 2014, Janeiro Cazón non puido asistir ao acto que se organizou hai uns meses para despedir a varios funcionarios municipais pola súa xubilación. O extesoureiro do Concello de Narón, de 66 anos e natural de Vilalba, comezou a traballar na localidade en setembro de 1981 con carácter temporal, se ben pasou a formar parte do plantel fixo do Consistorio en 1982. Iniciou a súa etapa profesional no Concello como Inspector de rentas, se ben despois foi Técnico de rentas, exerceu durante varios anos o cargo de Interventor municipal e na última etapa foi o Tesoureiro do Concello naronés.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal