Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO MANTÉN ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR BONIFICACIÓNS PARA O BONOBÚS UNIVERSITARIO E COMEDORES ESCOLARES
O CONCELLO MANTÉN ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR BONIFICACIÓNS PARA O BONOBÚS UNIVERSITARIO E COMEDORES ESCOLARES
As axudas para o transporte poderán solicitarse ata o 16 de outubro e as do comedor en centros concertados durante todo o curso escolar
Narón, 9 de outubro de 2015. A concelleira de Ensino de Narón, Mercedes Taibo, recordou que o Concello mantén aberto o prazo para solicitar as bonificacións correspondentes ao servizo de comedor escolar para o alumnado dos centros concertados da localidade –Ayala, Jorge Juan e Santiago Apóstol- e tamén as do bonobús universitario do actual curso 2015-2016. As persoas interesadas deben presentar as instancias debidamente cumplimentadas no Rexistro do Concello.
A solicitude de axuda financieira para o xantar no comedor escolar dos colexios concertados poderá entregarse durante todo o curso. Os interesados deberán facilitar ademais fotocopias cotexadas do DNI, do libro de familia, da declaración da renda e doutros datos requeridos para xustificar os requisitos cos que optar a estas bonificacións. A contía subvencionable é do 100% no caso de que os ingresos da unidade familiar sexan iguais ou inferiores ao 75% do tramo correspondente, e do 50% se superan esa porcentaxe. Tamén se contemplan descontos para as familias numerosas, nenos e nenas que pertenzan a familias monoparentais ou se requiren o servizo de comedor varios irmáns.
As bonificacións para o bonobús universitario ao campus da Universidade da Coruña poderán solicitarse ata o vindeiro 16 de outubro, incluído ese día. Contemplan o financiamento do 50% do importe do billete entre Narón e A Coruña nos períodos lectivos da UDC e diríxense aos veciños e veciñas empadroados na localidade que acrediten a matrícula universitaria no curso en que se convoca a bonificación. Para poder acollerse ás mesmas haberá que cumprir uns requisitos, entre os que se terán en conta os ingresos anuais da unidade familiar. Será preciso acompañar o impreso da solicitude de fotocopias cotexadas do DNI, tarxeta de estudante, última declaración da renda e matrícula do curso universitario, entre outros datos.
Para obter máis información sobre estas bonificacións para os servizos de comedor escolar nos colexios concertados de Narón e do bonobús universitario pódese chamar ao número de teléfono 981 33 7 700 (ext. 1122).


Descarga de archivos
Solicitude comedores escolaresTamaño: 249,11 KBDescargar
Solicitude bonobúsTamaño: 352,67 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal