Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O GRUPO "AS MAIMIÑAS" TRAERÁ A NARÓN O ESPECTÁCULO MUSICAL "UNHA VIAXE POLO MUNDO"
O GRUPO
A actividade terá lugar este domingo, día 18, na praza de Galicia e en caso de mal tempo trasladarase ao auditorio municipal
Narón, 14 de outubro de 2015. A Concellería de Ensino, dirixida pola edil Mercedes Taibo, organiza para esta fin de semana unha nova actividade incluída no programa “Apego”. A convocatoria terá lugar o domingo, día 18, e consistirá nun espectáculo musical dirixido a nenos e nenas de entre 0 e 10 anos e ás súas familias. “Unha viaxe polo mundo” é o título desta proposta que correrá a cargo de As Maimiñas, a partir das seis da tarde, na praza de Galicia –en caso de mal tempo a actividade desenvolverase no auditorio municipal-.
O espectáculo, de hora e media de duración, permitirá interactuar aos participantes, cantando, bailando e gozando dun percorrido por fermosos lugares do planeta no que predominará o humor. A concelleira de Ensino explicou que se trata dunha representación musical “divertida e pedagóxica” e recordou que non é preciso anotarse para poder asistir e que a actividade é de balde, animando á veciñanza a sumarse á mesma.
As persoas interesadas en recibir máis información poden facelo a través do número de teléfono 981 337 700 (ext.1516) ou do correo electrónico: a.pita@naron.es.
O programa “Apego” ten entre os seus obxectivos fomentar a transmisión do galego como lingua inicial. Deste proxecto forman parte os Servizos de Normalización Lingüística de varios concellos de Galicia, entre eles o de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal