Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A COMPAÑÍA TANTTAKA TEATROA ACTÚA O DÍA 17 NO PAZO DA CULTURA
A COMPAÑÍA TANTTAKA TEATROA ACTÚA O DÍA 17 NO PAZO DA CULTURA
A representación da obra "La calma mágica" comezará ás oito da tarde
Narón, 15 de outubro de 2015. A compañía Tanttaka Teatroa representará o día 17 no Pazo da Cultura a obra “La calma mágica”, dirixida por Alfredo Sanzol. Trátase dunha comedia dunha hora e media de duración aproximadamente, cuxas entradas están xa á venta na taquilla do Pazo, a un prezo de 12 euros para o público en xeral e de 8,40 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados. A representación comezará ás 20.00 horas.
O protagonista da obra é Oliver, un mozo que traballa no teatro e que cansado da vida que leva, decide probar uns fungos alucinóxenos que lle aconsella Olga –a súa futura xefa- nunha entrevista de traballo. A partir de aí sucederanse unha serie de historias que se gravarán nun vídeo ao quedar Oliver durmido na oficina, no posto de traballo que ansiaba. El tratará de impedir que se difundan as imaxes e a partir de aí vivirá varias historias nas que o amor e a traizón serán dúas das constantes do seu día a día. A obra está dedicada ao seu pai, falecido, con quen desexa volver a falar, rexeitando a súa morte e recordando historias do pasado, que se misturan en parte co futuro do protagonista.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal