Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INICIA UNHA CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DO PEQUENO COMERCIO
A Concelleira de Promoción Económica de Narón, Angeles Díaz, presentou en rolda de prensa unha campaña publicitaria dirixida ó pequeno comercio do municipio. Baixo o lema “Narón, comercio de ilusión”, esta iniciativa trata de fomentar as compras navideñas nos establecementos clásicos da cidade, ubicados nas zonas de A Gándara, Santa Icía, Xuvia e ó longo da Estrada de Castela.
Narón, 10 de Decembro de 2007.- A campaña iníciase hoxe e ten unha doble vertente: publicitaria e comercial. A publicitaria consiste na inserción de anuncios en distintos medios de comunicación –prensa, radio e televisión- nos que se promociona o comercio local, mentres que a parte comercial está dirixida ós empresarios. Dende o Concello se lles fixo chegar nos últimos días unha serie de material publicitario que forma parte desta campaña, coma carteis (fixéronse 500 unidades), pegatinas para agasallar ós clientes (3.000), e bolsas coa imaxe corporativa da campaña (15.000). A promoción exténdese tamén ó transporte urbano, coa inserción do logotipo desta campaña en dous autobuses que realizan o traxecto Ferrol-Valdoviño e que discurre por Narón. A Concelleira de Promoción Económica de Narón, Angeles Díaz, explicou hoxe que a intención do Concello é “apoiar ós autónomos, especialmente despois do Outono tan malo que tiveron no que a ventas se refire”. A esta situación únese, segundo a Edil, a “perda de poder adquisitivo debido ó incremento do IPC, o que fai que os pequenos comerciantes atópense con moitas dificultades á hora de sacar adiante os seus negocios”, comentou. A resposta dos empresarios está a ser moi positiva, e así o están a transmitir á empresa encargada do reparto publicitario e tamén ó propio Concello, no que recibíronse varias chamadas agracedendo a iniciativa. Díaz lembrou que neste municipio non existe ningunha asociación de comerciantes propiamente dita, o que fai máis difícil a comunicación e o contacto. Aínda así, declarou que o Concello “apoiará en todo o que poda ós comerciantes, e estamos abertos a calqueira suxestión que queran facernos”, dixo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal