Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
NARÓN E FERROL COOPERARÁN NA PROGRAMACIÓN CULTURAL PARA AMPLIAR A OFERTA E BAIXAR CUSTES
NARÓN E FERROL COOPERARÁN NA PROGRAMACIÓN CULTURAL PARA AMPLIAR A OFERTA E BAIXAR CUSTES
A materialización do acordo permitirá representar este mes nas dúas localidades a obra "Me llamo Suleimán"
Narón, 16 outubro.- Os Concellos de Narón e Ferrol veñen de abrir unha nova etapa tamén nas relacións culturais entre dous municipios limítrofes e cooperarán para coordinar a programación dos seus espazos escénicos a fin de ampliar a oferta para a veciñanza coa máxima calidade abaratando custes.
Así o manifestaron en rolda de prensa conxunta os concelleiros de Cultura dos dous municipios, que amosaron a boa sintonía entre os gobernos locais para buscar as mellores fórmulas para reforzar e ampliar a oferta formativa e de espectáculos (teatro, danza, ballet, lírica, concertos.. ) que poden sumar ambos Concellos.
“Non tiña moito sentido contraprogramar que entre dous concellos veciños xa que o obxecto é cooperar para facer unha oferta máis ampla e accesible, que rebaixe os custes”, manifestou Marián Ferreiro, tenente de alcaldía de Narón e concelleira de Cultura e Relacións Institucionais.
Pola súa banda, Basterrechea, puxo o acento nas opcións que se abre unha nova fase nas relacións que pasa por “estreitar os lazos e colaboracións” para ampliar completar a sólida oferta formativa e cultural que poden ofertar Narón e Ferrol, coas Escolas Municipais e os seus espazos escénicos (Pazo da Cultura e Auditorio de Narón, xunto co Jofre e o Auditorio de Caranza) coa vantaxe de “poder abaratar a xestión aforrando cartos públicos das dúas localidades” que se poden reinvestir en potenciar outros eidos da cultura local.
O primeiro paso da concreción práctica desta nova etapa da cooperación, explicaron, será a representación este mes da obra de Unahoramenos Producciones 'Me llamo Suleimán', centrada no tema das migracións forzosas, de rabiosa e tráxica actualidade, inspirada na historia real dun neno de Mali de 13 anos que viaxa a Europa na procura dun mellor futuro.
Esta representación terá lugar no Pazo da Cultura de Narón o sábado 24 de outubro ás 20:00, abrindo a Mostra de Teatro de Narón, e os días 26 e 27 -con dúas representacións cada un dos días-, de seguido, chega ao Teatro Jofre o mércores 28 de outubro, para o alumnado escolar do municipio

RECUPERAR A MOSTRA CONXUNTA DE TEATRO INFANTIL
Outro dos exemplos de cooperación cultural entre Ferrol e Narón pasa pola recuperación, no vindeiro ano, da Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil que acada a súa 33 edición e que Narón realizaba en solitario logo de que Ferrol se apeara hai tres mandatos.
“É beneficioso para os Concellos de Ferrol e de Narón, para os alumnos e o público en xeral que teñan esta oferta mais completa, abaratando costes sen competir”, manifestou Ferreiro.
Basterrechea, por último, manifestou que as reunións entre ambos serán frecuentes para abrir liñas de cooperación na formación en artes escénicas para “unha oferta absolutamente completas en todos os ámbitos”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal