Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
COMEZAN AS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DUN ALMACÉN ANEXO AO LOCAL SOCIAL DO VAL
O investimento a realizar pola administración local ronda os 28.400 euros
Narón, 16 de outubro de 2015. A concellería de Obras Públicas, dirixida polo edil Pablo Mauriz, contratou á empresa Cotefor as obras de construcción dun almacén no local social do Val, no lugar de Vilacornelle. Os traballos, actualmente en execución, supoñen á administración local un desembolso de 28.375 euros e consisten na edificación dun espazo anexo ao local social da citada parroquia, dunha superficie de 35 metros cadrados e con usos de almacén do propio local e para realizar actividades no seu entorno, tal e como explicou o concelleiro naronés. A intervención execútase nun espazo que é propiedade municipal e estará rematada no prazo dun mes. A ampliación realízase na parte lateral traseira do local social do Val e os traballos manteñen a tipoloxía do actual edificio. Mauriz apuntou que a elevada cantidade de actividades que se desenvolven ao longo do ano tanto nas citadas instalacións como no seu entorno, “requiren máis espazo tanto para resguardar como para acopiar os materiais que se empregan para realizar esas actividades”. O goberno local atende con esta actuación a unha demanda realizada pola Asociación de Veciños do Val, considerando que a construción dese almacén resulta moi necesaria para o bo desenvolvemento das actividades. O local social do Val consta de baixo e unha planta, aproveitándose na súa totalidade para convocar diversas actividades. As instalacións dispoñen de salón multiusos, ambigú, aseos, ximnasio e varias salas para actividades, pero ata o momento carecían de almacén.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal