Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O ALCALDE ASINA DOUS CONVENIOS DE COLABORACIÓN POR UN IMPORTE GLOBAL DE 7.500 EUROS
O ALCALDE ASINA DOUS CONVENIOS DE COLABORACIÓN POR UN IMPORTE GLOBAL DE 7.500 EUROS
As entidades beneficiarias son a Asociación da Terceira Idade de Pedroso e Solidariedade Galega co Pobo Saharaui
Narón, 19 de outubro de 2015. O alcalde, José Manuel Blanco, asinou dous convenios coas asociacións da Terceira Idade de Pedroso e Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, por un importe conxunto de 7.500 euros. No primeiro dos actos o rexedor local estivo acompañado pola presidenta da entidade de Pedroso, Eva Blanco, e pola concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio. A Asociación da Terceira Idade de Pedroso recibirá 2.500 euros do Concello, unha cantidade que se destinará a sufragar os gastos derivados de actividades que se programen desde a entidade.
O segundo dos convenios asinados foi coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. Blanco rubricou o acordo coa presidenta da entidade, Maite Martínez, nun acto ao que acudiu a concelleira de Acción Social, Catalina García. Neste caso o Concello entregará 5.000 euros á asociación, unha cantidade coa que se sufragará o programa “Vacaciones en Paz”, que desde hai varios anos permite traer á localidade durante os meses de verán a varios nenos e nenas procedentes dos campamentos de refuxiados saharauis de Tinduf, en Arxelia.
O rexedor local valorou o traballo que ambas entidades realizan ao longo do ano no municipio, e deixou constancia da aposta do goberno local naronés por continuar contribuíndo con elas economicamente para que manteñan a súa actividade en Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal