Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNANIMIDADE NA COMISIÓN DE DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE SOCIAL E IGUALDADE PARA APROBAR UNHA MOCIÓN SOBRE VIOLENCIA MACHISTA
O documento aprobarase no pleno de finais deste mes
Narón, 20 de outubro de 2015. Os integrantes da Comisión de Desenvolvemento da Actividade Social e Igualdade, presidida polo edil Guillermo Sánchez Fojo, respaldaron por unanimidade unha moción presentada polo PSOE local, que se levará ao pleno de finais deste mes, con motivo da Marcha Estatal contra as violencias machistas que terá lugar o vindeiro 7 de novembro. Ese día confluirán en Madrid persoas de todo o Estado, convocadas polo Movemento Feminista para manifestarse contra as violencias machistas. No documento recóllense varios acordos –a aprobar definitivamente na citada sesión plenaria- que se enviarán á Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero. A colocación dunha pancarta na fachada do Concello de cor violeta e co lema “Contra as violencias machistas” o día 7 de novembro e a promoción da participación cidadá na marcha que terá lugar en Madrid -iniciativas ambas que se levarán a cabo tamén cada 25 de novembro con motivo do Día Internacional contra a violencia cara ás mulleres- forman parte das propostas recollidas no documento. Na moción contémplase ademais a necesidade de impulsar desde a administración local todo tipo de recursos encamiñados a fomentar a igualdade e para prestar atención “estable e de calidade” ás vítimas de violencia machista. O citado texto inclúe tamén a aposta por realizar campañas de sensibilización contra o sexismo en diferentes áreas e servizos de competencia municipal e a erradicación do sexismo, a segregación, o acoso e os estereotipos sexuais, entre outras medidas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal