Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO CONMEMORA CON VARIOS ACTOS O DÍA DA BIBLIOTECA
O CONCELLO CONMEMORA CON VARIOS ACTOS O DÍA DA BIBLIOTECA
A primeira das actividades será a presentación do libro "Me llamo Suleimán", do escritor Antonio Lozano
Narón, 22 de outubro de 2015. A Sala de Conferencias da Biblioteca Municipal de Narón –localizada no soto do edificio, na rúa 25 de Xullo- acollerá o día 23, ás oito da tarde, a presentación do libro “Me llamo Suleimán”, do escritor Antonio Lozano. A novela conta a historia de Suleimán, un rapaz de Mali que abandona o seu país cun amigo cara a Europa na busca dun futuro mellor para el e para a súa familia. Este será o primeiro dos actos programados pola Concellería de Ensino e Bibilotecas, dirixida pola edil Mercedes Taibo, para conmemorar o Día da Biblioteca, que se celebra 24 de outubro,
Así mesmo, a concelleira recordou que a adaptación teatral desta obra está incluída na “33ª Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil” que organiza o Padroado da Cultura de Narón, ofrecendo a posibilidade de asistir ao alumnado de Secundaria. A citada obra representarase no Pazo da Cultura o sábado, día 24, ás 20.00 horas para o público en xeral.
Na xornada do sábado tamén terá lugar unha “Xornada de biblioteca na rúa”, entre as 10.00 e as 14.00 horas. A Praza da Gándara albergará un stand no que se ofrecerá á veciñanza información sobre os servizos bibliotecarios e coa finalidade de achegar as instalacións aos espazos públicos da localidade e difundir a súa actividade entre os usuarios potenciais. Durante a xornada, tal e como apuntou Taibo, haberá diversas accións dinamizadoras, como obradoiros e contacontos. Será tamén este sábado cando se publique na canle de You Tube e na páxina web da biblioteca –biblioteca.naron.es- un vídeo conmemorativo do Día da Biblioteca, protagonizado por nenos e nenas que participaron nun obradoiro que se desenvolveu o pasado 10 de outubro nas citadas instalacións naronesas.
Así mesmo, desde o vindeiro 26 de outubro poderase ver na biblioteca a exposición coas case cincuenta fotografías realizadas por un grupo de adultos que participou no obradoiro de audiovisuais “Light Painting” que tamén tivo lugar o pasado 10 de outubro. Esas mesmas imaxes mostraranse o sábado 24 no punto de información que se localizará na Praza da Gándara.
A concelleira de Ensino anunciou ademais a apertura pública das contas de Facebook e Twitter da Biblioteca Municipal. Os usuarios poden seguilas a partir de hoxe para estar informados puntualmente de todas as novas relativas ao servizo e para poder interactuar cos mesmos. A conta de Facebook é: Biblioteca Pública Municipal de Narón, e a de Twitter: @BibliotecaNaron.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal