Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PISCINA DA GÁNDARA DISPÓN DUNHA NOVA GRÚA PARA AXUDAR A PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA
O goberno local destinou case 10.000 euros a mercar a infraestrutura e unha camilla e un asento para o vestiario reservado para o colectivo
Narón, 23 de outubro de 2015. O concelleiro de Deportes, Román Romero, desprazouse ata o pavillón polideportivo da Gándara para ver en funcionamento a grúa adquirida para a piscina das citadas instalacións deportivas –tanto a terapéutica como o outro vaso- co fin de axudar ás persoas con mobilidade reducida. Ao acto acudiron tamén Mari Morado, presidenta da Asociación Diversidade Funcional de Ferrol e Comarca –que plantexou no seu día esta necesidade ao Concello- e o secretario e tesoureiro da entidade, Manuel de la Fuente e José Díaz, respectivamente. O investimento realizado pola administración local para habilitar este servizo foi de 9.598,60 euros, se ben con cargo a esta partida se adquiriron outros elementos destinados ao colectivo, como unha camilla automática e un asento de ducha para o vestiario individual do citado complexo deportivo municipal. A empresa E.O. Prim SA. foi a encargada de sumbinistrar este material. O concelleiro de Deportes, Román Romero, indicou que se trata dunha estrutura destinada aos usuarios da piscina con problemas de mobilidade e recordou que había unha grúa hidráulica, pero que se instalou nos anos 90 e estaba actualmente obsoleta. Na mesma liña se pronunciou José Díaz, que asegurou que a anterior non permitía realizar transferencias desde as sillas sen axuda, co risco que isto supoñía tanto para os usuarios da piscina con problemas de mobilidade como para as persoas que os axudaban. Díaz incidiu en que a actividade na piscina “é moi importante para nós” e agradeceu o investimento realizado polo Concello, apuntando que Narón “é pioneiro na comarca neste tipo de servizos destinados ás persoas con problemas de mobilidade”, referíndose non só á nova grúa senón tamén á existencia dun vestiario independente para o colectivo. O tesoureiro da Asociación Diversidade Funcional de Ferrol e Comarca coincidiu con Román Romero en agradecer o traballo realizado pola anterior edil da área de Deportes, Natalia Hermida, a quen informaron no seu día desta necesidade desde o colectivo.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es