Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
CONCENTRACIÓN EN REPULSA DOS ÚLTIMOS CASOS DE VIOLENCIA MACHISTA
CONCENTRACIÓN EN REPULSA DOS ÚLTIMOS CASOS DE VIOLENCIA MACHISTA
Representantes da corporación local e persoal funcionario e interino gardaron un minuto de silencio ante o Concello
Narón, 26 de outubro de 2015. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, encabezaron a concentración que tivo lugar ante a porta principal do Concello para condenar os últimos asasinatos machistas. Ao acto asistiron tamén os portavoces de Terra Galega, Marián Ferreiro; Partido Popular, Marcos Balado e PSOE, Catalina García, así como varios edís da corporación municipal, persoal funcionario e interino.
Na parroquia pontevedresa de Pontesampaio o pasado sábado un home de 34 anos asasinou á súa exparella, Concepción Reguera, de 38 anos. Nesa mesma xornada rexistrouse un novo caso de violencia machista, en Fuengirola (Málaga), onde un home de 36 anos matou supostamente á súa parella, unha muller da misma idade. A estes dous casos sumouse un terceiro a semana pasada, o xoves, nesa ocasión en Tenerife, onde morreu outra muller vítima dun presunto caso de violencia machista a mans da súa exparella.
A corporación local naronesa manifestou na concentración, na que se gardou un minuto de silencio, a súa repulsa a calquera acto de violencia e, en particular nesta ocasión, á machista, unha lacra social que causou a morte de máis de trinta mulleres en España no que vai deste ano.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal