Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLE O 1 DE NOVEMBRO A REPRESENTACIÓN DE
A obra e unha producción do Teatro Colón da Coruña, na que colabora o Concello de Narón a través do Padroado de Cultura
Narón, 26 de outubro de 2015. O Pazo da Cultura de Narón acollerá o día 1 de novembro a representación da obra Don Juan Tenorio en Feminino, un clásico do teatro que coproducen o Teatro Colón e o Concello de Narón, a través da Concellería de Cultura, que dirixe a edil Marián Ferreiro. A obra está dirixida e producida integramente por mulleres e na mesma colaboran ademais a Federación Unión de Comercios Coruñesa e o Centro Coreográfico Galego. As persoas interesadas en ver a obra poden recoller as entradas na taquilla do Pazo da Cultura de Narón, a un prezo de sete euros para o público en xeral e gratuítas para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados. A representación desta peza dramática terá lugar ás sete da tarde. Don Juan Tenorio en Feminino é unha acción formativa que conta co respaldo do Royal College of Music de Londres e está enfocada a actrices amateurs ou en período de aprendizaxe. Unha vintena de actrices non profesionais profundizan na súa formación a través dunha serie de talleres gratuítos que culminarán o 30 e 31 de outubro coa representación no Teatro Colón da Coruña deste clásico de Zorrilla. No que respecta a Narón, a recoñecida actriz Flor Maceiras, exalumna da Escola de Teatro do Padroado da Cultura, é a profesora do Obradoiro de interpretación e verso. Entre o elenco de actrices está Desiré Pillado, naronesa e actriz amateur que interpreta por vez primeira un papel masculino, o propio Don Luis, un dos máis relevantes nesta obra. Neste drama a morte terá un papel moi importante e ao longo de case dúas horas Don Juan e Don Luis iniciarán un xogo no que o amor é un dos eixos centrais, que se convertirá nun gran escándalo da época en Sevilla.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal